O Concello cooperará con Special Olympics Galicia na celebración en Vigo dos XVI Xogos Autonómicos de Fútbol Sala
O alcalde de Vigo garantiu a colaboración municipal nas actividades previstas pola entidade na cidade, como a celebración o próximo sete de maio no Pavillón das Travesas dos XVI Xogos Autonómicos de Fútbol Sala - Trofeo Carlos Outeiriño. Special Olympics Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro para a promoción e inserción social das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu hoxe venres a cooperación do Concello nos actos que Special Olympics Galicia vai celebrar na cidade, como os XVI Xogos Autonómicos de Fútbol Sala – Trofeo Carlos Outeiriño.
Este evento terá lugar o próximo sete de maio nas instalacións deportivas do Pavillón de Travesas, dentro dunha serie de accións previstas en toda Galicia. Os xogos autonómicos pretenden potenciar e animar á práctica deportiva das persoas con discapacidade intelectual, puidendo practicar ata oito modalidades distintas: fútbol sala, baloncesto, natación, maratón urbano, deportes minoritarios, campo a través, atletismo e como novidade deste ano a petanca.
Special Olympics Galicia ten coma obxectivo xeral a inserción social do colectivo de persoas con discapacidade intelectual mediante a cultura, a práctica deportiva, o ocio e calquera outra actividade.
A organización propón entretemento diario e competicións deportivas coa finalidade de mellorar as súas condicións físicas e psíquicas co obxectivo de ingegralos na sociedade con aceptación e respecto, proporcioándolles oportunidades para converterse en cidadáns activos de pleno dereito.
Descargar todas as imaxes