O goberno local insta á Xunta de Galicia a consensuar co Concello un plan de emprego para a cidade
A moción, presentada polo grupo municipal socialista, reclama do goberno autonómico chegar a un acordo co Concello de Vigo para elaborar e por en marcha un plan de emprego na cidade. O texto aprobado denuncia a "paralización total" por parte da Xunta de Galicia das políticas de emprego e reclama do goberno de Núñez Feijóo a asunción das súas responsabilidades cos desempregados da cidade.
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, o socialista Santos Héctor, apunta na súa moción que o Concello de Vigo foi quen de crear máis de 11.000 postos de traballo no actual mandato e anunciou a creación doutros 200 durante o mes de maio correspondentes ao Plan de Emprego Municipal 2008-2011.
O acordo adoptado polo goberno local -PSOE e BNG- coa oposición do Partido Popular de Vigo indica que os responsables da Xunta de Galicia "non atenden aos parados de Vigo" e reclámanlle un cambio na súa política económica e a asunción das responsabilidades que ostentan como goberno autonómico.
Auditorio-Pazo de Congresos
Por unanimidade dos tres grupos políticos con representación municipal, o Pleno da Corporación deu luz verde á moción presentada polo PP solicitando ao goberno local que "non modifique o contrato de concesión en prexuizo dos intereses do Concello de Vigo".
Segundo reza o texto aprobado, "o contrato de concesión de obra pública do Auditorio ten unha duración de 35 anos" e a "ampliación dese prazo suporía un detrimento grave para os intereses do Concello e un beneficio para o concesionario".
AVE
Outro acordo adoptado este xoves pola Corporación municipal foi o "rexeitamento" da actuación estatal na Alta Velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo e o "total apoio" do Pleno á execución do devandito treito.
A moción popular -que saíu adiante coa absención do BNG e a oposición socialista- critica a actuación do goberno de Rodríguez Zapatero desde 2004 e do alcalde, e apunta a unha exclusión do tramo de Cerdedo nun recente Consello de Ministros.