O alcalde data para outubro a apertura do novo aparcadoiro soterrado de Areal
Abel Caballero e distintos membros do goberno local percorreron hoxe mércores as rúas Colón e Areal ata chegar ás obras de construcción do novo aparcadoiro soterrado desta rúa, que sumará un total de 330 prazas, das que 64 estarán resevadas para residentes. A superficie desta infraestrutura supera os 5.000 metros cadrados e conlevará ademais a humanización da rúa, tal e como fixo o Concello nos de Policarpo Sanz, Jenaro de la Fuente, a Avda de Castelao e Pintor Colmeiro.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que o aparcadoiro soterrado de Areal estará concluído e listo para a súa apertura no mes de outubro deste ano.
En declaracións aos medios no transcurso dunha visita ao entorno e á obra, Abel Caballero apuntou que esta nova infraestrutura contará con 330 prazas en total, 64 destas para residentes, tras ver reducida a súa extensión inicial -prevista en 545 prazas- polo achado de restos arqueolóxicos na zona.
O investimento neste aparcadoiro suma uns 12 millóns de euros e forma parte do mesmo lote dos xa abertos en Policarpo Sanz, Avda Castelao, Jenaro de la Fuente e Pintor Colmeiro. Igual que fixo o Concello de Vigo nestes catro, a superficie de actuación en Areal -que supera os 5.000 metros cadrados- tamén será humanizada cos mesmos criterios estéticos e de calidade de materiais, como as beirarrúas de granito, entre outros.
Descargar todas as imaxes