Escoitar

Caballero subliña a calidade "excepcional" de UtilVigo e ofreceu mediación co Goberno de España para os seus procesos de innovación

O alcalde de Vigo e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, visitaron este martes a empresa Utilvigo, que elabora o material que controla a calidade das pezas da industria automobilística principalmente. Caballero eloxiou a "capacidade" innovadora da compañía e indicou que "na saída da crise, Vigo ten que ocupar unha posición relativa máis poderosa da que ocupabamos ao entrar".

martes, 26 abr 2011
1303822375Imagen010.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, eloxiou este martes a calidade e capacidade "excepcional" da empresa UtilVigo, e ofreceu a súa mediación para conseguir as axudas do Goberno de España para os seus procesos de I+D+i.

A producción desta firma va dirixida principalmente ás empresas da automoción e a Defensa, ensamblando pezas que controlan a calidade dos compoñenentes destas industrias. O alcalde felicitou á empresa na que traballan entre 30 e 40 persoas, dependendo da demanda.

O alcalde de Vigo ofreceu a súa intermediación co Goberno de España, porque "na saída da crise, Vigo ten que ocupar unha posición relativa máis poderosa da que ocupabamos ao entrar", como amosa esta empresa, e en Vigo "temos a capacidade", concluíu.

Utilvigo ten como principais clientes as compañias automobilísticas provedoras de PSA Peugeot Citroën, pero tamén outras marcas de España e Europa. "Poucas cidades en Europa son capaces de facer cousas como as que UtilVigo fai en Vigo", aseverou Caballero.
Descargar todas as imaxes