O Auditorio Municipal acolle mañá mércores a proxección do documental "Memoria do nacionalismo galego"
A variada programación que a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza no Auditorio Municipal continúa mañá, ás 20.30 horas, coa proxección do documental "Memoria do nacionalismo galego", elaborado para conmemorar o 125 aniversario do nacemento de Castelao. O filme está dirixido por Xabier Macías, Comba Campoy e Xosé Zapata e a asistencia é gratuíta ata completar a capacidade do Auditorio.
O documental realiza un percorrido polos 170 últimos anos da historia política, social e cultural de Galiza a través das ideas e das organizacións políticas que crearon o nacionalismo galego. Dende o Rexionalismo do século XIX, ata Castelao e o Estatuto do ano 1936, dende a transición democrática ata a actualidade, en "Memoria do Nacionalismo Galego" historiadores e protagonistas relatan a traxectoria do galeguismo político dende mediados do século XIX aos nosos días.
A primeira parte do traballo remata coa morte de Castelao e a fundación da editorial Galaxia en 1950; a segunda, pola súa banda, arranca nos últimos anos do franquismo e na transición. A programación completa do Auditorio Municipal pódese consultar na web www.vigo.cultura.org