Escoitar

Iolanda Veloso presenta o novo volume da revista Festa da Palabra Silenciada, que recupera a Rosalía de Castro

A concelleira de Igualdade e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentou este martes a nova edición da revista Festa da Palabra Silenciada, "Actualizar a Rosalía", xunto a directora da publicación, María Xosé Queizán. A edil do BNG anunciou que a festa de presentación terá lugar o vindeiro xoves, 28 de abril, ás 20 horas, no museo Marco.

martes, 26 abr 2011
1303834105Palabra.JPG
Iolanda Veloso destacou a importancia de rescatar a figura de Rosalía de Castro nunha época de retroceso nos dereitos das mulleres. Defendeu a necesidade da presión social para recuperar eses dereitos pero afirmou que ademais desa presión "tamén é necesario contar cun corpus teórico que sirva para aglutinar o feminismo". Neste sentido asegurou que a revista Festa da Palabra Silenciada é "unha referencia histórica sobre feminismo que reivindica a igualdade entre homes e mulleres"

A concelleira de Normalización Lingüística tamén subliñou que esta reflexión teórica sobre feminismo, froito do traballo conxunto entre a Concellería de Igualdade e o colectivo Feministas Independentes Galegas, sexa feita e chegue a diversas partes do mundo en galego. "É unha mostra de que en galego se pode facer e falar de calquera cousas", afirmou.

"É moi importante que o escritor e escritora máis importante de Galiza sexa muller, porque non pasa o tempo por ela, como acontece cos grandes escritores", asegurou María Xosé Queizán na presentación da revista. Lembrou que o segundo volume da Festa da Palabra Silenciada, en 1985, dedicouse é escritora, reivindicando unha Rosalía "diferente á que nos fora dada". Respecto á edición actual sinalou que "agora coidamos que había que volver a Rosalía porque aínda ten moito que dicir".

No tocante á festa de presentación da revista que terá lugar o xoves no Marco, indicou que intervirán Elena González, da Universidade de Barcelona e Alfonso Becerra, da Escola Superior de Arte Dramático de Vigo, así como a concelleira de Igualdade. Posteriormente, pechará o acto un documental sobre as conserveiras.
Descargar todas as imaxes