mércores, 27 abr 2011
O departamento de Educación Viaria do corpo municipal levou hoxe mércores á Asociación de Veciños Pontenova-Freixeiro a súa formación para adultos en educación viaria, dentro dun programa piloto dirixido á veciñanza viguesa. Os obxectivos xerais desta iniciativa son aumentar a seguridade dos adultos como usuarios das vias e involucralos na formación dos máis pequenos.
mércores, 27 abr 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, participaron este mércores nunha xuntanza con membros dos equipos directivos e de orientación dos centros escolares da cidade para abordar o funcionamento das iniciativas desenvolvidas desde o departamento de Benestar Social. Na súa intervención, Santi Domínguez salientou o impulso que se deu desde Benestar Social ás iniciativas de apoio aos centros educativos e reafirmou a aposta do BNG polo ensino plúblico, plasmado na posta en marcha de proxectos que teñen consecuencias "a mediano e longo prazo".
mércores, 27 abr 2011
O Auditorio Municipal acolle mañá, 27 de abril, a actuación de Javier Krahe, na que o cantautor madrileño presentará ás 20.30 horas o seu último disco, "Toser y cantar", lanzado o ano pasado xunto co libro "De mil amores". O prezo das entradas é de 10 euros, e pódense mercar na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación