Santi Domínguez destaca o impulso realizado por Benestar Social ás iniciativas de apoio aos centros educativos
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, participaron este mércores nunha xuntanza con membros dos equipos directivos e de orientación dos centros escolares da cidade para abordar o funcionamento das iniciativas desenvolvidas desde o departamento de Benestar Social. Na súa intervención, Santi Domínguez salientou o impulso que se deu desde Benestar Social ás iniciativas de apoio aos centros educativos e reafirmou a aposta do BNG polo ensino plúblico, plasmado na posta en marcha de proxectos que teñen consecuencias "a mediano e longo prazo".
"Dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social tiñamos moi claro que ademais das grandes infraestruturas e os grandes proxectos tiñamos que traballar polas persoas e que a calidade de vida das persoas fora en aumento", afirmou o nacionalista. Manifestou tamén o seu compromiso e o da concelleira co traballo a prol da igualdade de oportunidades "en todos os ámbitos".
Segundo Santi Domínguez, un aspecto fundamental para acadar o cumprimento destes obxectivos é "aprender dos profesionais que estades a atender as necesidades das persoas, neste caso dos mozos e as mozas". Neste sentido fixo fincapé na participación dos especialistas nas diferentes xornadas organizadas e expresou seus parabéns a María Méndez e ao equipo da concellería.
María Méndez afondou nestas consideracións e asegurou que o acto celebrado hoxe, "ademais de balance quere ser proposta de futuro", polo que defendeu a importancia de que os e as asistentes á xornada participen activamente facendo as súas propostas. Ao seu xuízo, é fundamental o eido educativo no benestar social porque é un tema tranversal "que temos que facer entre todos". Asegurou que os programas de prevención "son problemas que evitamos para o futuro".
A concelleira nacionalista, e as técnicas de Benestar Social responsables de cada programa, explicaron cada unha das iniciativas realizadas nos centros educativos. Respecto ás becas para libros e comedores, María Méndez salientou o forte incremento dos orzamentos destinado a estas axudas. En referencia ás axudas para libros apuntou que o orzamento pasaou en 4 anos de 23.000 a 40.000 euros. As solicitudes destas becas pasaron das 607 presentadas no 2007 ás 1.060 no 2010, das que se concederon máis da metade. Explicou que este forte incremento é debido á retirada de libros gratruítos por parte do actual goberno galego. No tocante ás axudas para comedor, destacou que o orzamento pasou de 370.000 euros no 2007 a 730.000 euros o ano pasado. En 2007 as solicitudes para comedor foron 1.586 e concedéronse 1.081, mentres que no 2010 solicitáronse 2.686, das que foro outorgadas 1.990.
Respecto ao programa municipal de intermediación de intervención familiar, a media nestes catro anos foi de 400 familias atendidas, con arredor de 1.400 persoas. A procedencia fundamental das derivacións a este programa son a atención primaria, os centros educativos, o servizo de menores e a fiscalía son as principais. No tocante aos moticos indicou que en educación infantil e primaria os problemas máis frecuentes son as situacións de risco e os problemas de conduta, mentres que en secundaria son o absentismo, os problemas condutuais e o inicio no consumo de tóxicos.
María Méndez tamén fixo referencia ao programa de prevención de condutas de risco, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, e no que se levan a cabo tarefas de reforzo educativo e de tempo de lecer. A concelleira de Benestar Social sinalou que este programa desenvolvénse actualmente na zona centro, Teis, Lavadores e Coia, e que o obxectivo é expandilo a outros barrios da cidade e amplialo aos mozos e mozas adolescentes. No tocante ao programa de prevención de drogodependencias, a concelleira nacionalista criticou o forte recorte do orzamento achegado por parte da Xunta, pese ao éxito das iniciativas postas en marcha nos centros educativos, como "Máis que un teito", "En familia todos contan", ou "Eu son eu".
Pola súa banda, os membros dos equipos directivos e de orientación dos centros educativos falaron da necesidade de celebrar unha xornada multidisciplinar sobre coordinación de servizos, na que participen profesionais do eido educativo, sanitario, servizos sociais e menores. Ao respecto María Méndez amosouse plenamente receptiva e asegurou que a Concellería de Benestar Social porase xa "mans á obra".
Descargar todas as imaxes