Xabier Alonso di que eventos como a Copa do Mundo de Ximnasia Estética "diferéncianos das demais cidades"
O Club Maniotas, nomeado Vigués Distinguido 2011, organizará no Pavillón Central das Travesas, do 12 ao 14 de maio, a segunda etapa da Copa do Mundo senior de ximnasia estética de grupos, o Campionato do Mundo junior, a segunda etapa da Challenge Cup, proba tamén para grupos junior, e a EUSA Cup, é dicir, a Copa de Europa universitaria, que entra na súa quinta edición e que se celebra de xeito anual.
Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, asegurou que esta competición é "moi importante" e afirmou que "a organización de eventos desta calidade diferéncianos das demais cidades". O concelleiro nacionalista está satisfeito de que "todas as disciplinas deportivas teñan o seu lugar en Vigo" e felicitou ao Maniotas porque "detrás desta Copa do Mundo hai un gran traballo de base". O club leva as escolas deportivas, cunhas 200 nenas, pero tamén dá clases e forma canteira en once colexios.
O concelleiro agradeceu tamén o apoio das institucións ao evento e aplaudiu a aposta da Universidade de Vigo polo campeonato, manifestando que "durante este mandato municipal a Universidade formou un matrimonio co Concello", dado o número de campionatos nos que os dous traballaron xuntos.
Javier Rial, responsable do Servizo de Deportes da Universidade, lembrou que "hai un gran número de universitarias que están no Maniotas", e anunciou que a Uvigo presta apoio a este campionato "con tradutores que teñen prácticas recoñecidas" con créditos.
A adestradora do Maniotas, María García-Trío, asegurou que tanto o grupo junior como o senior tentarán "meterse na final da competición", á que chegan os dez mellores equipos da fase preliminar cunha esixencia: so pasan dous equipos por país da fase preliminar.
Aínda que hai equipos por concretar porque estes días están a disputar os seus campionatos nacionales, a organización ten xa preto de 400 preincricións e espera chega ao medio milleiro de participantes. Haberá grupos de Rusia, Finlandia, Estonia, Canadá, Ucraína, Bulgaria, Austria, Bélxica, España…
A Copa do Mundo ten catro etapas, unha delas sempre fixa en España. En abril a competición comezou en Vantaa (Finlandia), agora en maio vai chegar a Vigo e as ximnastas continuarán sumando puntos en Paderborn (Alemaña), do 23 ao 25 de setembro. As campioas coñeceranse en Moscú, en outubro.
A Copa do Mundo de Vigo é "a proba máis importante antes do Campionato do Mundo de Tartu (Estonia), do 10 ao 12 de xuño", segundo explicou a adestradora do Maniotas. E que "os equipos tantearán como van de nota e darán os derradeiros retoques aos seus exercicios", di, pensando no Mundial de Tartu.
Descargar todas as imaxes