O Pleno sorteou a composición das 376 mesas electorais dos próximos comicios de maio
Como é habitual, a Corporación celebrou este luns o Pleno do sorteo de formación das mesas electorais de cara aos próximos comicios locais do 22 de maio, dividido en 241 seccións, 376 mesas e 88 locais, e onde atoparanse os 3.384 membros das mesas resultantes do sorteo desta mañá. O censo de votantes ascende este ano a 237.782 persoas, entre presentes e comunitarios.
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo celebrou este luns o tradicional sorteo de formación das mesas electorais para os vindeiros comicios locais do 22 de maio.
O total das seccións para a próxima xornada electoral ascende a 241, a cifra máis elevada desde 1999, así como os 88 locais e as mesas electorais, que tamén ascenden ata chegar ás 376. Os membros a elixir para as mesas suman 3.384 persoas, un dato igualmente superior ao rexistrado en comicios anteriores.
En Vigo, e atendendo aos nove distritos nos que está dividida a cidade, o total de poboación a 1 de xaneiro de 2011 é de 298.802 vigueses, e a cifra de electores o 22 de maio será de 237.782 persoas, sumando os presentes e os 1.517 comunitarios. Neste 2011 cumpren os 18 anos e poderán exercer o seu dereito a voto 2.406 vigueses.