martes, 26 abr 2011
O alcalde de Vigo e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, visitaron este martes a empresa Utilvigo, que elabora o material que controla a calidade das pezas da industria automobilística principalmente. Caballero eloxiou a "capacidade" innovadora da compañía e indicou que "na saída da crise, Vigo ten que ocupar unha posición relativa máis poderosa da que ocupabamos ao entrar".
martes, 26 abr 2011
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentou este martes a Feira MITM Euromed de empresas, touroperadores e organismos de viaxes e turismo, que se celebrará dende mañá e ata o venres no Auditorio-Pazo de Congresos "Mar de Vigo". Na presentación do evento afirmou que é unha feira dirixida ao mercado das reunións e os viaxes de incentivo que reunirá a máis de 200 profesionais procedentes de 20 países diferentes.
martes, 26 abr 2011
A concelleira de Igualdade e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentou este martes a nova edición da revista Festa da Palabra Silenciada, "Actualizar a Rosalía", xunto a directora da publicación, María Xosé Queizán. A edil do BNG anunciou que a festa de presentación terá lugar o vindeiro xoves, 28 de abril, ás 20 horas, no museo Marco.
martes, 26 abr 2011
O Club Maniotas, nomeado Vigués Distinguido 2011, organizará no Pavillón Central das Travesas, do 12 ao 14 de maio, a segunda etapa da Copa do Mundo senior de ximnasia estética de grupos, o Campionato do Mundo junior, a segunda etapa da Challenge Cup, proba tamén para grupos junior, e a EUSA Cup, é dicir, a Copa de Europa universitaria, que entra na súa quinta edición e que se celebra de xeito anual.
martes, 26 abr 2011
A variada programación que a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza no Auditorio Municipal continúa mañá, ás 20.30 horas, coa proxección do documental "Memoria do nacionalismo galego", elaborado para conmemorar o 125 aniversario do nacemento de Castelao. O filme está dirixido por Xabier Macías, Comba Campoy e Xosé Zapata e a asistencia é gratuíta ata completar a capacidade do Auditorio.