Escoitar

A Policía Local imparte cursos de educación viaria para adultos nas asociacións de veciños da cidade

O departamento de Educación Viaria do corpo municipal levou hoxe mércores á Asociación de Veciños Pontenova-Freixeiro a súa formación para adultos en educación viaria, dentro dun programa piloto dirixido á veciñanza viguesa. Os obxectivos xerais desta iniciativa son aumentar a seguridade dos adultos como usuarios das vias e involucralos na formación dos máis pequenos.

mércores, 27 abr 2011
1303908651policia.jpg
A Policía Local de Vigo impartiu hoxe mércores unha das súas sesións formativas de educación viaria para adultos dirixidas específicamente á veciñanza viguesa a través das Asociacións de Veciños, en colaboración coa Federación de Asociacións de Veciños "Eduardo Chao" de Vigo.

O curso desta mañá tivo lugar no local da Asociación Pontenova-Freixeiro, onde o departamento de Educación Viaria trasladou aos asistentes os obxectivos xerais de incrementar a propia seguridade dos adultos como usuario das rúas e tamén involucralos na educación dos máis pequenos.

Dun xeito máis específico, a Policía Local de Vigo afonda cos adultos nas consecucias de non usar o cinto de seguridade nas prazas traseiras do vehículo, informa dos sistemas de retención infantil, do uso dos medicamentos, da combinación entre alcol e condución, do protocolo de primeiros auxilios en caso de accidente, dos hábitos para a seguridade do peón e no transporte público, entre outros.

Estes contidos divídense en catro bloques temáticos, dependendo da presencia do usuario da vía como condutor dun vehículo privado, como peón, como usuario do transporte público e unha cuarta sección relativa á seguridade persoal.
Descargar todas as imaxes