Escoitar

O alcalde garantiu aos directores dos colexios públicos o mantemento dos fondos destinados á autoxestión dos centros

O alcalde, Abel Caballero, e a Asociación de Directores de Colexios Públicos de Vigo reuníronse este xoves para ratificar a vontade das partes de "seguir cooperando" na defensa da calidade do ensino público e rubricar o compromiso municipal de manter os fondos que adica o Concello á autoxestión dos centros. Caballero avogou por "dar facilidades" aos colexios para acceder aos mesmos e defendeu a súa "vocación" de ampliar as partidas económicas.

xoves, 28 abr 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu este xoves á Asociación de Directores de Colexios Públicos da cidade o mantemento dos fondos de autoxestión dos centros de ensino, e adiantou a súa "vocación" de amplialos.

Nunha reunión, Caballero recoñeceu a "gran importancia" da entrevista e do colectivo pola súa defensa da "calidade no ensino público", e ambos comprometéronse a "seguir cooperando" neste obxectivo.

Abel Caballero tamén refrendou o mantemento das partidas económicas que o Concello destina aos colexios públicos para que estes os destinen ás melloras que consideren oportunas, e valorou a súa ampliación. Afirma o alcalde que os gobernos deben apoiarse na sociedade civil e ninguén mellor que os propios directores poden coñecer as necesidades dos centros educativos.

O rexedor vigués defendeu "dar facilidades" aos colexios públicos para acceder e xestionar estes fondos municipais pois explicou que os directores son "firmes defensores da calidade" na educación pública viguesa.

Por outra banda, Abel Caballero anunciou que deu instrucción á Concellería de Persoal para dar cumprimento á demanda dos centros de cubrir algunhas baixas no servizo de portería dos mesmos.