Escoitar

Xunta de Goberno Local

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 2 DE MAIO DE 2011.

venres, 29 abr 2011
1.- Actas das sesións ordinarias do 18 e 25 e extraordinaria e urxente do 27 de abril de 2011.

ASESORIA XURIDICA
2.- Dar conta das Sentenzas e Autos remitidos por Asesoría Xurídica:

a))Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo. RC-A 410/2010 P.A. Demandante: D. Pedro Vázquez Bouza. Obxecto: accidente de automóbil. Sentenza firme que estima o recurso. Expte. 6422/111.

b)Auto do X. do Social nº 2 de Vigo. Autos P.O. 1157/2010. Demandante: D. Enrique Suarez Alvarez. Obxecto: aboamento diferencias salariais como xefe do arquivo. Sentenza que non é firme estima a demanda interposta. Esta Asesoría Xurídica anunciou a interposición de recurso de suplicación contra a sentenza por non desempeñar o interesado as funcións de xefe do arquivo. Expte. 6522/111.

c)Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 6 de Madrid. RC-A 75/2008 P.O. Demandante: AYUNTAMIENTO DE MURCIA. Obxecto: selección de candidatos para a Universidade de verán 2013. Sentenza non firme desestima o recurso. Expte. 4794/111.

d)Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo. RC-A 504/2010 P.A. Demandante: C.P. MARTÍNEZ GARRIDO Nº 61 (Edificio A Ponte). Obxecto: liquidación por taa de auga marzo-decembro 2005. Sentenza firme que desestima o recurso. Expte. 6323/111.

e)Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo. RC-A 138/2010 P.O. Demandante: C.P. PLAZAS DE GARAJE DOCTOR CADAVAL 4. Obxecto: reclamación por filtracións. Sentenza non firme que desestima o recurso. Expte. 5964/111.

f)Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo. RC-A 42/2009 P.O. Demandante: D. Jose Luis Riveiro dos Santos. Obxecto: caida na vía pública. Desestimatoria. Apelación 4161/2010 TSXG, Sala do C-A Sección 2ª. Sentenza que estima parcialmente o recurso. Expte. 5068/111.

g)Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo. RC-A 313/2010 P.A. Demandante: Dª Maria Alonso Suarez. Obxecto: sanción de tráfico. Sentenza firme que desestima o recurso. Expte. 6295/111.

h)Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo. RC-A 58/2011 P.A. Demandante: D. Miguel Angel Cameselle Teijeiro. Obxecto: estacionamento incorrecto. Sentenza firme que desestima o recurso. Expte. 6497/111.

i)Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo. RC-A 284/2009 P.O. Demandante: U.C.P. Miguel Fernández Pedrera. Obxecto: radar. Sentenza non firme que desestima o recurso. Expte. 5399/111.

l)Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo. RC-A 293/2010 P.O. Demandante: Dª Maria Nieves Cancelas Martínez. Obxecto: caida na vía pública. Sentenza non firme que desestima o recurso. Expte. 6102/111.

m)Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo. RC-A 49/2011 P.A. Demandante: Dª. Dolores Élida Hermida González. Obxecto: sanción de tráfico. Sentenza firme que desestima o recurso. Expte. 6481/111.

BENESTAR SOCIAL
3.- Concesión do Servizo de Axuda no Fogar. Exptes. 1362/25, 1456/24, 489/16 e 597/16.

4.- Rectificación do acordo da XGL do 12.04.2011, por erro no importe da concesión dunha subvención directa á entidade Médicos do Mundo, segundo "Convenio educación de calle con Médicos do Mundo". Expte. 60837/301.

CULTURA
5.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e Teatro Ensalle S.L.L., que regula o desenvolvemento da subvención outorgada para o financiamento do programa "Isto Ferve". Concesión da subvención. Expte. 13050/331.

6.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a Fundación Provigo e a súa área, relativo á achega do Concello para o funcionamento de actividades do Instituto de Estudios Vigueses. Concesión da subvención. Expte. 13060/331.

7.- Subvención á Fundación Marco, co obxecto de financiar o seu programa de actividades e funcionamento correspondentes ao ano 2011. Expte. 13018/331.

CONTRATACIÓN E PATRIMONIO
8.- Adxudicación á mercantil IMESAPI, S.A. o servizo de mantemento integral dos túneles e pasos inferiores da cidade. Expte. 374/440.

9.- Devolución de garantías:
a)Covsa. Expte. 790/440.
b)Covsa. Expte. 789/440.
c)Asociación de Mulleres Progresistas. Expte. 3615/241.
d)Offis Depot. Expte. 3619/241.
e)Offis Depot. Expte. 3618/241.

10.- Non aceptación da doazón de terreo en Balsa-Matamá, a proposta de D. Jose Manuel Menacho Alonso, para destino de uso público. Expte. 19090/240.

11.- Declarar liquidado o contrato de asistencia técnica para a comprobación, revisión e actualización do Inventario Municipal de bens e dereitos e formación do inventario separado do patrimonio municipal do solo. Expte. 18135/240.

DEPORTES
12.- Autorización á Asociación de Veciños Cristo da Victoria a organizar o vindeiro domingo 8.05.2011 a III MEDIO MARATON INFANTIL DE COIA. Expte. 10388/333.

13.- Autorizar ao Club Ciclista Coruxo a organizar o vindeiro 15.05.2011, o II Trofeo de Mini-BTT-Montes de Coruxo. Expte. 10402/333.

14.- Autorizar a ANPA do CEIP de Mosteiro-Bembrive a organizar o vindeiro 29.05.2011, o XXXII Cross Escolar Mosteiro Bembrive. Expte. 10426/333.

EMPREGO
15.- Abono da subvención concedida a Dª. Juana Lago Boullosa e ao Gimnasio As SLNE., pola creación de empresas concedidas no ano 2010. Expte. 8222/77.

16.- Non admisión das alegacións presentadas contra o acordo denegatorio da Axuda Municipal á creación de empresas 2010, por non cumprir os requisitos esixidos. Expte. 8224/77.

LIMPEZA
17.- Abono a Construcciones y Contratas, S.A. da cota de amortización mailo financiamento do investimento na renovación dos medios materiais e maquinaria realizado pola empresa dende o 1.04.2009 e 30.06.2010. Expte. 2974/252.

18.- Segunda prórroga a SOGAMA, S.A, pola prestación do servizo de tratamento dos residuos sólidos urbanos da cidade de Vigo, entre o 1.07.2011 e 30.06.2012. Expte. 2976/252.

MERCADOS
19.- Indemnización substitutoria a favor da Asociación Profesional de Empresarios autónomos do Mercado do Progreso, polos servizos prestados. Expte. 5294/551.

MOBILIDADE, SEGURIDADE E TRANSPORTES
20.- Indemnización substitutiva a favor de VITRASA, S.A. polo servizo de lanzadeiras ó CUVI nos meses de xaneiro e febreiro de 2011. Expte. 79991/210.

PARQUES E XARDINS
21.- Convalidación de gasto a favor da empresa Simco S.L., polo mantemento dos parques forestais os meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2011. Expte. 5894/446.

PARQUE MOBIL
22.- Enaxenación para chatarra de diversos vehículos e maquinaria. Expte. 8352/445.

PATRIMONIO HISTÓRICO
23.- Indemnización substitutiva a favor de Van Divulgación Cultural S.L. polos servizos técnicos para o centro de artesanía tradicional durante o mes de marzo de 2011. Expte. 6137/307.

POLICIA LOCAL
24.- Recoñecemento da obriga contraida por esta Administración a favor dun Inspector da Policía Local, en concepto de indemnización de gastos das viaxes polo uso do seu vehículo particular en comisión de servizo para a asistencia aos procedementos xudiciais. Expte. 34640/212.

RECURSOS HUMANOS
25.- Complemento de produtividade por conducir vehículo municipal, sen ser oficial, do persoal dos distintos servizos correspondentes ao 1º trimestre 2011. Expte. 21940/220.

26.- Dar conta da resolución de redución de xornada de Dª Maria Angeles Landín Lorenzo. Expte. 21961/220.

27.- Dar conta da resolución de redución de xornada de Dª Maria Isabel Iglesias López. Expte. 21960/220.

28.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal dos distintos servizos correspondente ao mes de marzo de 2011. Expte. 21944/220.

29.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual do Servizo de Cemiterios correspondente ao mes de marzo de 2011. Expte. 21929/220.

30.- Produtividade por xornada partida do persoal de Cemiterios correspondente ao mes de marzo de 2011. Expte. 21931/220.

31.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por traballar os días 24 e 31 de decembro de 2010 de D. Sergio Fernández Estévez e do persoal do Servizo de Extinción de Incendios. Expte. 21928/220.

32.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios con motivo de servizos de garda e escolta de honor en cerimonias (Policía Local). Expte. 21935/220.

33.- Complemento de produtividade do persoal do Servizo do Parque Móbil por conducir maquinaria pesada correspondente ao 1º trimestre 2011. Expte. 21936/220.

34.- Produtividade por toxicidade de D. Florentino Prieto Domínguez (Parque Móbil) correspondente a marzo 2011. Expte. 21934/220.

35.- Produtividade por toxicidade do persoal do Servizo de Desinfección correspondente aos meses de febreiro e marzo 2011. Expte. 21930/220.

SERVIZOS XERAIS
36.- Proxecto Modificado nº 1 da humanización da rúa Asturias "custe cero". Expte. 884/440.

TURISMO
37.- Recoñecemento extraxudicial de crédito a favor da Confederación Española de Pool pola organización do campionato de España de Billar Pool en Vigo, xuño 2010. Expte. 3833/104.

URBANISMO
38.- Operación xurídica complementaria do Proxecto de Compensación da "APR A-3-37 Tomas Paredes-1". Expte. 5023/401.

XUVENTUDE
39.- Proxecto de convenio para desenvolver un programa de Dinamización Infantil e Xuvenil, entre o Concello de Vigo e a Asociación Hoy por Mañana. Expte. 3101/336.

40.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 2 de maio de 2011, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 28 de abril de 2011.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.