"Vigo cidade de Babel", exposición no Verbum
O museo Verbum – Casa das Palabras abre o día 29 de abril a exposición temporal "Vigo Cidade Babel. O Verbum da diversidade lingüística". A mostra consta de tres ámbitos, un adicado ás linguas do mundo, outros ás linguas do Estado e outro ao galego en Vigo.
Na súa elaboración participaron distintas asociación de inmigrantes da cidade, así como a colaboración dos veciños e veciñas de Vigo. O proxecto conta así mesmo co apoio e o recoñecemento de diversas institucións e organismos de renome, entre as que están a Universidade de Vigo, a Real Academia Galega ou varias Cátedra da Unesco, de feito a Comisión Española da Unesco está estudando avalar publicamente o proxecto debido ao seu interese.
A exposición
As linguas somos as persoas que as falamos. Somos as palabras que dicimos, únicas, para medir o que a mirada alcanza, o senso, o que sentimos, o pensamento e os compromisos do amor. Cando unha lingua desaparece vaise un mundo.
Vigo, cidade Babel é máis que unha mostra, é a posta en marcha dun novo proxecto co que dar un renovado pulo ao Verbum, chamado a se converter nun espazo de interacción coas linguas. O Verbum da diversidade lingüística será unha institución responsable coa época que nos toca vivir, unha época na que centos e centos de linguas están a morrer e na que o horizonte do idioma galego tamén se ve comprometido.
As linguas do Verbum son todas as linguas do mundo. É o galego de María no Calvario ou o de Cándido en Chapela. É o dariya de Lidia aquí e en Alxeria. O fante de Anthony sucando os mares de Tema a Vigo, pasando por Canarias e Montevideo. Son os ecos negros e indíxenas do portugués que Renato nos trae de Brasil. É o wu de Long Long e a súa irmá. É o xaponés esquecido dos soños de Mona. O urhobo das conversas telefónicas de Lucky. O árabe das clases que imparte Boujemaa. As respectuosísimas palabras de Asjad. As concisísimas palabras de Daniela. O pranto de Atilio. O Guaraní de Alfonso. O wolof de Sorejan. Os signos de Lora e Paulo. Os desexos de Ilona. A negación de Liliana.
Son tamén o castelán, o caló, o éuscaro, o catalán, o aragonés, o aranés, as linguas de sinais española e catalá, o portugués oliventino, a fala, o árabe de Ceuta e o Tamazight de Melilla.
Son as linguas de todos os que falan con nós.
Descargar todas as imaxes