A feira tradicional do Paseo de Alfonso inclúe o domingo tres charlas sobre ecoloxía e un obradoiro de bioconstrución
A nova edición do mercado de produtos tradicionais galegos que a Concellería de Patrimonio Histórico organiza no Paseo de Alfonso propón para o vindeiro domingo diversas actividades paralelas, ademais da posibilidade de mercar produtos ecolóxicos. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, destacou que será posible participar nun obradoiro de bioconstrución e coñecer tres experiencias relacionadas co produto ecolóxico, como a da Fundación Galiciaverde.
Eudosio Álvarez explicou que o obradoiro de bioconstrución sostible, destinado para todos os públicos, desenvolverase de 11 a 14 horas. Coa axuda de dous cesteiros do CAT, os e as participantes contribuíran a levantar coas súas propias mans unha bioconstrución seguindo as técnicas de tecido tradicional. A primeira das charlas terá lugar ás 12 horas, e nela o presidente da Fundación Galiciaverde, Enrique Banet, falará sobre "Soberanía alimentaria". Esta entidade ten como principal obxectivo o desenvolvemento rural sustentable e conta cun centro de medio ambiente, novas tecnoloxías e desenvolvemento rural para a investigación, o ensino, a divulgación e a promoción de emprego, en Forcarei).
Ás 12:45 horas, o representante de Conservas Antonio Pérez Lafuente, Eduardo Drömer, falará das "Conservas ecolóxicas pan do mar", e a fabricación baseada no aproveitamento dos recursos mariños de forma racional e sostible. Finalmente, ás 13:15 horas, un representante de Pedreira Calma, falará do seu proxecto "Aldea ecolóxica", que conta cun biohotel, un restaurante bio-vexetariano, unha escola de saúde, e unha área de agricultura e produción de conservas ecolóxicas.
O concelleiro de Patrimonio Histórico sinala que como novidade no eido da artesanía tradicional participará o obradoiro de construción de instrumentos de percusión tradicional "Os alegres", así como a marca coa que traballa a artesán en forxa Pilar Álvarez Enforjarte, que amosará unha selección de pezas como percheiros, espellos e cerámica combinada con ferro. No espazo reservado á artesanía máis actual, Helena López amosará un traballo caracterizado pola creatividade e o deseño. Como vén sendo habitual, a cestería estará representada por Antonio Suárez, apelido de centenaria tradición na nosa cidade cos seus produtos tecidos en vimbio e madeira. Tamén
Outra das novidades nesta edición é o inicio da promoción e venta de aceite de oliva galego, neste caso da marca Aceiroga, elaborado en Quiroga (Lugo), terra na que se ten documentado a produción de aceite dende o século XV. Ademais, os produtos ecolóxicos de horta chegarán de Ponteareas e o Grove da man das firmas Condado Bio e Finca Con da Santa, respectivamente. Nunha edición máis, os queixos serán estrelas da feira coa presencia de tres produtores: a tetilla con D.O. Arzúa-Ulloa de Queserías Daniel Torres, os queixos con leite de cabra da Cooperativa "Como Cabras" de Castro Caldelas coa súa marca Touza Vella; e os de Cabras do Xures, que elabora queixos artesanais biolóxicos con leite de cabra alpina, sal e sen ningún aditivo.
Completarán o espazo o pan ecolóxico de Panadería Divina, traído todos os meses dende Santiago expresamente para a feira; os ovos e pitos Soutodeherville, produtores da galiña de Mos; a cor das plantas e flores do centenario viveiro vigués J. Flores, así como Diego o pulpeiro, o viño ecolóxico de Valdeorras e D.O. Ribeira Sacra, servido en cuncas tradicionais de Bonxe e Gundivós.
Descargar todas as imaxes