Caballero considera o anteproxecto de lei un "bo principio" e entrevistarase coa Xunta para "iniciar o diálogo" sobre a Área Metropolitana
O alcalde de Vigo afirmou que "estamos nun bo principio" ao ter aprobado o goberno autonómico o anteproxecto de lei da Área Metropolitana de Vigo, un paso "na boa dirección" para chegar a un "bo acordo" entre as administracións na definitiva lei que entre en vigor. Abel Caballero avogou por abrir un "franco, claro e aberto" diálogo coa Xunta de Galicia e anunciou que pedirá unha entrevista para "iniciar de forma inmediata" as conversas sobre o anteproxecto.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu hoxe venres a "benvida" ao anteproxecto de lei de Área Metropolitana aprobado onte pola Xunta de Galicia, un "bo principio" que senta as bases para "iniciar o diálogo" cara a súa definitiva implantación.
En declaracións aos medios, Caballero valorou que, tras unha "lectura rápida" do texto, "estamos nun bo principio" pois o documento presenta "posibilidades reais de constituirse nunha boa lei de Área Metropolitana para Vigo". O primeiro edil ofertou á Xunta de Galicia "cooperación absoluta e man tendida" para establecer definitivamente unha "magnífica lei".
O alcalde explicou que o anteproxecto é un paso "na boa dirección" e defendeu "iniciar de forma inmediata o diálogo" co conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, ou co propio presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, ao estar "seguro" de chegar a un "bo acordo", e anunciou a solicitude dunha entrevista.
Caballero estimou que existen aspectos no anteproxecto que deben ser "limados" pero desde un "franco, claro e aberto" clima de comunicación entre as administracións. Ofrece o mandatario "a miña benvida a este anteproxecto de lei porque ofrece posibilidades" aínda que precisou que isto non significa que sexa a que "cremos que debe ser".
Descargar todas as imaxes