Escoitar

O luns ábrese o prazo de inscrición para optar ás 453 vivendas de protección en solo municipal

Abel Caballero anunciou este martes que o Consello da Xerencia de Urbanismo celebrada nesta mañá aprobou a posta a disposición de parcelas municipais para o desenvolvemento e construción destas 453 vivendas. O prazo estará aberto ata un mes despois da publicación da resolución no BOP e as inscricións poden realizarse na Oficina Municipal de Vivenda.<br />

venres, 6 mai 2011
Tal e como explicou o rexedor as vivendas construiranse en parcelas situadas no Calvario, Ramón Nieto, Pombal, Avenida de Galicia, Cambeses, Chantada, Villa Laura, Quirós, Rosalía de Castro, Aragón, Plaza Elíptica, San Roque e Tomás Paredes, e a elas poderán optar unidades familiares que non superen os 47.000 euros anuais de ingresos. O prezo medio das vivendas será de 120.000 euros.

A estimación da demanda é "elevadisima", segundo apuntou o alcalde, e o mecanismo establecido é a través de cooperativas. "Recibiremos as solicitudes de cooperativas, que se nutrirán da lista de persoas que demandan, pero ademais o Concello tamén poderá pilotar a constitución de cooperativas e formar parte da posta en funcionamento", aclarou.

Aqueles interesados en anotarse poderán facelo na Oficina municipal de Vivenda sita no edificio municipal do Areal onde atópanse os formularios de inscrición, ademais de na páxina web do Concello.

Vivendas de aluguer
Abel Caballero quixo destacar que o Concello xa ten recibido máis de 900 solicitudes para a oferta das 35 vivendas municipais de aluguer en Navia. Lembrou tamén o alcalde que na actualidade están a desenvolverse ámbitos municipais por un volume total de 6.000 vivendas protexidas.

Subliñou neste senso que os ingresos xerados da venta desas parcelas, que se fai cun prezo taxado por lei, destinarase a pagar a débeda contraida "nos últimos 20 anos" coa empresa Miraflores.