O Concello respalda a celebración en Vigo dos XIV Xogos Autonómicos de Fútbol Sala de Special Olympics Galicia
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, respaldaron hoxe venres á organización na presentación do trofeo para discapacitados intelectuais, que terá lugar mañá sábado no Pavillón das Travesas. Máis de 350 atlentas participarán nos Xogos, que inauguraranse ás 10:45 para iniciar a competición ás 12 horas, rematando ás 19:30h. Tanto a organización como os responsables municipais animaron á cidadanía a presenciar o campionato. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentaron hoxe os XIV Xogos Autonómicos de Fútbol Sala – Special Olympics Galicia, que celebraranse mañá sábado no Pavillón das Travesas.
O alcalde felicitou á organización polo evento e amosou a súa "satisfacción" porque esta teña lugar en Vigo. Caballero amosou a súa vontade de continuar colaborando coa entidade nos seus proxectos de integración para as persoas con discapacidade intelectual e para as súas familias.
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou o traballo que fan as ONG a prol da igualdade de oportunidades, e entre elas San Francisco e Special Olympics. Felicitou aos seus representantes porque asegurou que son os "verdadeiros protagonistas" das xornadas que comezan mañá e fixeron unha gran laboura para que as administracións foran conscientes da importancia da integración das persoas con discapacidade. "Dende Vigo queremos que o de mañá sexa un día importante", dixo a concelleira.
Special Olympics Galicia, asociación adicada á promoción das persoas con discapacidade intelectual a través do Deporte e do Ocio, contou para a organización destes Xogos coa colaboración de Fademga Feaps Galicia e da Asociación SAN FRANCISCO (Vigo).
Ao igual que tódalas actividades organizadas por Special Olympics Galicia os xogos de Fútbol Sala contan con distintos niveis de participación para que tódolos deportistas podan participar en igualdade de condicións.
As 10:45 horas terá lugar a inauguración do evento, os deportistas das 26 asociacións participantes desfilarán ante os presentes seguindo o cerimonial das Olimpíadas e, posteriormente, un deportista da asociación SAN FRANCISCO, lerá o lema dos deportistas de Special Olympics "Quero gañar, máis se non o consigo, deixádeme ser valente no intento".
A competición comezará ás 12:00 horas da mañá, prolongándose ata as 19.30 horas, momento no que se celebrará o acto de clausura dos Xogos, así como a entrega dos trofeos e das medallas aos participantes. En total, entre atletas, adestradores, voluntarios e integrantes da organización, daranse cita en Vigo 515 persoas.
As asociacións de toda Galicia que participan son un total de 26 das cales un total de 8 son de Pontevedra, 2 da provincia de Ourense, 9 de A Coruña e 6 de Lugo, que estarán acompañadas dunha Delegación de Special Olympics Madrid. A asociación anfitriona, SAN FRANCISCO, participará con 18 atletas e 4 adestradores.
TROFEO CARLOS OUTEIRIÑO
Seguindo coa liña iniciada no ano 2008, a competición deportiva será un sentido homenaxe a Carlos Outeiriño, membro da xunta directiva de Special Olympics Galicia e gran activista no movemento asociativo en xeral.
A figura de Carlos Outeiriño, sempre relacionada co mundo do deporte, será lembrada polo labor que realizou dentro do movemento Asociativo de Galicia e de España e, máis concretamente, na cidade de Ourense converténdoa, grazas ao seu traballo e entrega, nun símbolo dos valores persoais que tan fortemente defendía.
Por ese motivo, Special Olympics Galicia non quere deixar pasar a celebración destes xogos sen renderlle a máis sincera homenaxe póstuma, agradecendo o seu traballo, sacrificio e entrega, renomeando estes Xogos como ‘Trofeo Carlos Outeiriño’.
SPECIAL OLYMPICS MADRID FORMARÁ PARTE DOS XOGOS
Como importante novidade este ano as xornadas deportivas de Special Olympics Galicia, contarán coa participación dunha entidade invitada en cada unha das xornadas que se organicen.
Os Xogos Autonómicos de Fútbol Sala de Vigo inaugurarán esta nova modalidade de participación, sendo Special Olympics Madrid a primeira entidade que participará nuns xogos organizados por S.O.Galicia, grazas todo elo, ao apoio e patrocinio recibido por parte da Fundación Special Olympics España.
A partir de agora, cada unha das xornadas contará coa participación dunha nova asociación chegada doutra comunidade, co fin de estreitar os lazos do no so movemento asociativo e fomentar o intercambio de experiencias.
PREMIO ÁS BOAS PRÁCTICAS NO DEPORTE SPECIAL OLYMPICS GALICIA
Outra das novas iniciativas de Special Olympics Galicia este ano, é a creación do Premio ás Boas Prácticas no Deporte, destinado a ensalzar o comportamento daquela entidade que destaque pola súa deportividade e respeto hacia as normas e hacia os seus compañeiros.
Cada entidade dispón dun único voto, que efectúa un deportista en nome de tódolos seus compañeiros. O premio, pretende valorar unha serie de boas prácticas entre as que se incluén o cumplimento das normas, a nobleza na páctica deportiva, o xogo limpo e o compañerismo así como o predominio do sentido deportivo e o respeto a árbitros, voluntarios, delegados e compañeiros.
Este premio entregouse por vez primeira durante a celebración dos Xogos de Deportes Minoritarios en Oleiros (A Coruña), no mes de marzo, onde resultou gañadora a asociación Prodeme, de Monforte de Lemos.
Descargar todas as imaxes