Escoitar

O Pleno da Corporación acolleu intervencións de colectivos laborais, educativos e cidadáns de Vigo

En sendas sesións extraordinarias, o Pleno da Corporación de Vigo escoitou hoxe xoves as intervencións da Asociación de Veciños Pontenova-Freixeiro, dos traballadores de POVISA e de Linorsa, e dos colexios Altamar e Caixanova. Estes dous centros educativos precisan dun novo centro, a Asociación veciñal defendeu o mantemento da zona verde anexa ao Museo Liste e os traballadores de POVISA e Linorsa reclamaron solución aos seus conflictos laborais.

xoves, 5 mai 2011
1304597454pleno.jpg
O Pleno da Corporación municipal de Vigo acolleu este xoves dúas sesións extraordinarias para dar resposta ás solicitudes de intervención de distintos colectivos cidadáns, laborais e educativos vigueses.

Segundo a orde de intervención, a Asociación Veciñal Pontenova-Freixeiro solicitou perante o Pleno que a zona verde anexa ao Museo Liste non sexa empregada para construir o novo colexio Altamar, unha das opcións que barallouse ante a necesidade dos alumnos deste CEIP dun novo edificio.

En segundo lugar, os traballadores do centro sanitario POVISA explicaron a súa "desesperación" ante a "incertidume e angustia" xerada pola ausencia dun novo concerto co SERGAS, que xera "medo" nos traballadores e temen que poida repercutir na atención sanitaria das 140.000 persoas adscritas. Solicitou o colectivo un novo acordo coa Xunta de Galicia e a "implicación" municipal.

A representante do Colexio Altamar denunciou as "graves deficiencias" que presenta o devandito centro educativo e indicou que o alcalde comprometérase á construcción dun novo centro no parque anexo ao Museo Liste e rexeitan a opción municipal de edificar outro na mesma parcela.

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Santa Rita-Caixanova criticou o "abandono" do seu centro, que presenta numerosos problemas coa filtración de auga, caída de elementos da fachada ou a ausencia de calefacción. Criticou que a Xunta de Galicia cambia cada ano de profesorado e reclama ao Concello que manteña o edificio e inste ao goberno autonómico a erixir outro colexio no entorno.

Por último, a secretaría comarcal da CIG-Servizos, en relación ao conflicto laboral das traballadoras de limpeza dos colexios públicos, rexeitou intervir ante o impedimento policial de acceso ao Pleno das empregadas. Algunhas traballadoras de Linorsa interrumpiran e provocaran a cancelación de varias sesións plenarias anteriores ante o que tomáronse as "medidas cautelares habituais", explicou o alcalde.
Descargar todas as imaxes