Escoitar

O alcalde ofrece a Feijóo "planificar conxuntamente" e consensuar a futura lei de Área Metropolitana de Vigo

Abel Caballero remitiu este mércores un escrito ao Presidente da Xunta de Galicia instándolle a manter unha reunión bilateral para acordar a lei de Área Metropolitana antes da súa aprobación no Parlamento. O anteproxecto aprobado "ofrece unha boa via" para "acordar e mellorar substancialmente" o texto, segundo observa o alcalde, polo que fai un chamamento á Xunta a consensualo.

mércores, 4 mai 2011
1304512774Imagen003.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe mércores o envio dunha carta ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, instándolle a manter unha reunión para "planificar conxuntamente" o desenvolvemento da futura lei da Área Metropolitana de Vigo.

Explicou Caballero que o anteproxecto xa validado en sede parlamentaria "ofrece unha boa via" de inicio e chama a "acordar e mellorar substancialmente" o texto cara á definitiva lei. O alcalde indicou que preparará e remitirá un informe con algúns dos puntos que poden ser mellorados do anteproxecto, que "creo ademais que non hai unha gran dificultade política" para pactalos.

O rexedor avogou por ampliar algunhas competencias sobre o presentado no anteproxecto, aclarar cuestións e sobre todo acadar o consenso, que "creo que está cercano". "Hago isto desde a mellor das vontades", apuntou, pois "creo que é tan conseguible que sería unha pena" non ter acordada a lei previamente a súa aprobación no Parlamento galego.

Abel Caballero recordou que "é imprescindible que os concellos estemos de acordo" para que a Área Metropolita funcione, polo que defendeu "avanzar" nos prazos e pactar o texto canto antes. O alcalde vigués volveu defender que a nova entidade non debe "duplicar e triplicar esforzos e administracións".
Descargar todas as imaxes