O Auditorio Municipal acolle mañá e o xoves a estrea da obra "Gordechas", a cargo de Máscara Producións
A programación que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural no Auditorio Municipal continúa mañá e o xoves coa actuación da compañía Máscara Producións, que estreará a obra "Gordechas" ás 20.30 horas. O prezo das entradas para asistir a esta actuación é de 7 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da obra.
Baixo a dirección de Xerome Calero e Antón Casal, as actrices Mercedes Alonso, María Álvarez, Beatriz Míguez e Isaura Vilas levarán a escena "Gordechas", unha comedia satírica do autor venezolano Gustavo Ott. A obra fala da realidade da muller contemporánea, mergullada no mundo da imaxe, onde a identidade se desfigura nun desexo desmedido de prestixio, de poder, e de recoñecemento social.
Utilizando o sarcasmo e a ironía, "Gordechas" non fala das mulleres en xeral, fala dalgunhas mulleres que nesta sociedade mercantilizada compiten polo poder nun mundo ata hai pouco exclusivamente de homes. O culto ao corpo, á imaxe, aos negocios, ao medio publicitario, retratan a unha muller moderna que pode converter aos demais en vítimas por acadar o éxito profesional.