Caballero anuncia a creación dun equipo da Policía Local en bicicleta que actuará no centro da cidade
O alcalde de Vigo recibiu hoxe martes aos 10 axentes que formarán parte deste novo dispositivo de vixilancia policial no centro da cidade en bicicleta, que xa están traballando e continuarán ata o mes de outubro. Caballero eloxiou a "cercanía" aos cidadáns dos axentes, que operarán no Casco Vello, en Príncipe e en Montero Ríos, entre outras. Abel Caballero tamén deu a benvida aos seis novos membros da Policía Local de Vigo e lembrou que nos últimos catro anos incrementouse o plantel en 75 efectivos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe martes o novo equipo da Policía Local que patrullará o centro da cidade en bicicleta ata o próximo mes de outubro.
Abel Caballero explicou que esta nova sección procede do departamento de Costa e Praia, exportando o sistema da tempada de verán tamén ao centro da cidade, como unha "Policía de cercanía" que "infunde confianza" na cidadanía e nos visitantes.
Segundo indicou, serán 10 os axentes que, por turnos, encargaranse desta tarefa de vixilancia e atención cidadá percorrendo en bicicleta o Casco Vello, Montero Ríos, A Laxe ou a rúa do Príncipe, entre outros. Caballero felicitou e recoñeceu o traballo da Policía Local porque "están a cumprir moi ben o seu cometido" de facer e consolidar a Vigo como a "cidade segura" que é na actualidade.
Seis novos axentes
O alcalde de Vigo tamén deu a benvida aos seus novos membros da Policía Local de Vigo, axentes que incorpóranse á cidade procedentes doutros municipios, polo que xa contan con "formación e experiencia" na laboura policial.
Abel Caballero recordou na presentación dos seis novos efectivos que o plantel da Policía Local de Vigo incrementouse no actual mandato en 75 axentes.
Descargar todas as imaxes