Escoitar

O alcalde avanza a apertura do prazo de inscripción para optar ás 453 vivendas de protección en solo municipal

Abel Caballero anunciou este martes que aqueles interesados en optar a algunha das 453 vivendas de protección que construirán cooperativas en solo municipal poderán comezar a inscribirse desde o próximo venres na Oficina municipal de Vivenda. Os pisos construiranse en zonas como O Calvario, Ramón Nieto, San Roque ou Rosalía de Castro, e poderán optar unidades familiares que non superen os 47.000 euros anuais de ingresos.

martes, 3 mai 2011
1304427175Imagen010.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes a apertura do prazo de inscripción para aqueles que desexen optar ás 453 vivendas de protección que edificarán cooperativas en solo público.

Explicou Caballero que o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobará o próximo xoves por a disposición as parcelas municipais e publicar o listado das mesmas, onde cooperativas de particulares, colectivos ou mesmo o Concello construirán as vivendas a prezo taxado.

Aqueles interesados en anotarse poderán facelo na Oficina municipal de Vivenda sita no edificio municipal do Areal onde atópanse os formularios de inscripción, ademais de na páxina web do Concello. O prazo de inscripción estará aberto ata un mes despois da publicación da resolución no Boletín Oficial da Provincia (BOP), despois valoraranse as candidaturas sobre os baremos establecidos para a conformación das cooperativas e a construción.

As vivendas terán un prezo medio duns 120.000 euros, segundo afirmou o alcalde vigués, e poderán optar aquelas unidades familiares que non superen os 47.000 euros de ingresos anuais, cantidade correspondente ao 6,5 do índice IPREM. O Concello distinguirá as rendas entre réxime xeral, concertado e especial.

Abel Caballero detallou que as parcelas municipais que sairán para edificar vivendas de protección están ubicadas no Calvario, Pombal, Ramón Nieto, Avda de Galicia, Cambeses, Chantada, Villalaura, Quirós, Aragón, a Praza Elíptica, Rosalía de Castro, San Roque e Tomás Paredes.
Descargar todas as imaxes