Escoitar

Xabier Alonso destaca que máis de 350 deportistas participarán este sábado na Festa do Karate en Bouzas

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este martes a XXIV Festa do Karate, que se celebrará o vindeiro sábado 7 de maio no pavillón de Bouzas dende as 17 horas, organizada pola agrupación deportiva Zanshin. O concelleiro nacionalista salientou que serán máis de 350 deportistas os que participarán no evento, de 7 clubs da cidade e as Escolas Deportivas Municipais.

mércores, 4 mai 2011
1304513427Karate.JPG
Xabier Alonso destacou a importancia de estender a práctica deportiva entre os rapaces e rapazas e neste sentido felicitou á agrupación deportiva Zanshin de Vigo, e a o seu responsable, Fernando Álvarez, polo seu esforzo a prol do deporte de base. Afirmou ademais que o karate impulsa valores deportivos relevantes para outros ámbitos da vida, como a concentración, o respecto, a confianza e a seguridade.

O responsable da agrupación Zanshin, pola súa banda, sinalou que nesta Festa Infantil participarán deportistas dos clubs Doblada, Mariano, a Compañía de María, San Salvador de Teis, Okinagua, Shotokan, Traviesas e as Escolas Deportivas. Apuntou que este evento tamén inclúe demostracións de karate e tai chi a cargo dos alumnos e alumnas e instrutores da agrupación Zanshin.
Descargar todas as imaxes