Escoitar

Exposición "Galicia nas Ondas"

O Verbum acolle desde o día 4 de maio a exposición "Galicia nas Ondas. 1933-2011". A mostra amosa dende a introdución do invento da radio en Galicia na década dos anos trinta do pasado século ata a actualidade, e constitúe un Museo da Radio en Galicia con sede estable no Verbum. Os seus contidos foron aportados por diferentes empresas radiofónicas galegas e diversos arquivos públicos e privados da comunidade.

mércores, 4 mai 2011
1304512618radioverbum.jpg
Algunha das pezas expostas teñen unha grande importancia para o medio, como o micrófono regalado por Hitler a Franco no que se leeu o último parte da Guerra Civil, o discurso de apertura da primeira emisora en Vigo ou un guión de Álvaro Cunqueiro cedido por Radio Nacional.

Galicia nas Ondas

Escoiteino pola Radio!
Quen non pronunciou algunha vez esta frase? Entre 1933 e 1935 comezan as emisións radiofónicas en Galicia. As primeiras foron en Santiago, para promover o Estatuto de Autonomía. Nacía un medio de comunicación imprescindible na vida e na memoria galega do século XX.

A mostra amosa equipos antigos e modernos, transmisores, aparatos de radio, micrófonos… fondos documentais, guións e fotografías que ilustran a historia do medio: os inicios, a censura franquista, a apertura de finais dos ´70, a transición e o futuro da radio na era dixital.

A mostra tampouco esquece aos oíntes. Que sería a radio sen a súa audiencia! A súa presenza séntese na historia de cada receptor exposto, na historia daqueles que o mercaron, o escoitaron e souberon gardar ao longo dos anos para ceder hoxe ao Verbum.

"Galicia nas Ondas. 1933-2011" non sería posible sen a achega desinteresada de numerosos coleccionistas, as emisoras galegas pioneiras e a colaboración dos medios máis recentes.
Descargar todas as imaxes