Mulleres con historia: Urania Mella
O xoves, 5 de maio, ás 19 h, no Centro de Documentación e Recursos Feministas contarase coa presenza de Eva Vieites Salmonte que nos falará sobre unha viguesa con historia: Urania Mella, presidenta da Unión de Mulleres Antifascistas de Vigo.
Eva Vieites Salmonte, licenciada en Historia, Máster en Educación, Xénero e Igualdade e en Desenvolvemento Local e Comarcal.
Urania Mella,presidenta da Unión de Mulleres Antifascistas de Vigo. No Vigo dos anos trinta Urania Mella Serrano erixíase como a presidenta da Unión de Mulleres Antifascistas de Vigo, sección española de "Mulleres contra a guerra e o fascismo" creada pola Internacional Comunista tralo triunfo hitleriano en Alemaña. Urania viñera á vida nos albores do século XX, no seo dunha familia de profunda raigame anarquista, filla de Ricardo Mella Cea (xornalista, teórico do anarquismo e fundador do Sindicato Tranviario en Vigo) e de Esperanza Serrano (filla de Juan Serrano Oteiza, notario anarquista e director da Revista Social).
Descargar todas as imaxes