Escoitar

O alcalde visitou o entorno da rúa Vázquez Varela, que rematará a súa humanización en 15 días

Abel Caballero destacou que Vázquez Varela "clamaba pola necesidade da súa humanización", mellora para a que o Concello de Vigo destinou máis dun millón de euros e rematará en 15 días. O rexedor vencellou esta obra ás xa acometidas noutras rúas do entorno, como Urzáiz, Pizarro, San Salvador ou Condesa Casa Bárcena e engadiu que Vía Norte será reformada co proxecto de Thom Mayne para a estación de ferrocarril, a iniciar este verán co derrubo da actual en Urzáiz.

mércores, 4 mai 2011
1304523897vazquezvarela.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adiantou hoxe mércores que os traballos de humanización da rúa Vázquez Varela estarán concluídos en 15 días, reforma na que o Concello investiu máis dun millón de euros.

Abel Caballero visitou o entorno deste vial, que "clamaba pola necesidade da súa humanización" e súmase ás melloras efectuadas polo goberno local no entorno do barrio de Casablanca, como Urzáiz, Pizarro, Condesa Casa Bárcena ou San Salvador. O alcalde subliñou o "traballo no subsolo" acometido nesta rúa, "complexo" ao coexistir os servizos municipais cos de telefonía ou electricidade.

A "atención ao barrio de Casablanca" continuará co derrubo da actual estación de tren de Urzáiz, que o alcalde datou para este verán, tras o que dará comezo o proxecto de Thom Mayne, que incluirá a humanización da Vía Norte.
Descargar todas as imaxes