María Méndez anuncia que está aberto o prazo para participar no Verán de Lecer e Sábados Dinámicos
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este mércores que xa está aberto o prazo para participar nos programas Verán de Lecer e Sábados Dinámicos. María Méndez destacou que estas dúas iniciativas, destinadas ás persoas con discapacidade, reflicten a aposta pola igualdade de oportunidades de todas as persoas, da que son "abandeiradas a Concellería de Benestar Social e a Tenencia de Alcaldía".
A concelleira de Benestar Social explicou que o programa Verán de Lecer ofrece 70 prazas ás persoas con discapacidade de máis de 6 anos para participar nos campamentos que se celebrarán en xullo e agosto. "O seu obxectivo é que as persoas con discapacidade teñan actividades durante o verán e que as súas familias dispoñan de respiro familiar", sinalou.
O campamento que se celebrará en xullo terá lugar no museo Verbum e oferta 25 prazas, das que 20 son para persoas de 6 a 30 anos e 5 para maiores de 30 anos. O seu horario será de 10 a 14 horas e o custo será de 25 euros polo servizo de transporte. Respecto ao campamento do mes de agosto, María Méndez sinalou que ofrece 45 prazas dispoñibles, 15 para persoas de 6 a 30 anos e 30 para maiores de 30 anos. Terá lugar no Centro Aspanaex en horario de mañá e tarde, e ademais de servizo de transporte inclúe comedor, que ten un prezo de 25 euros.
A concelleira nacionalista sinalou que a participación neste proxecto de lecer é por semanas, sendo unha semana a mínima que se pode solicitar, aínda que tamén se poden pedir dúas ou tres, en función da dispoñibilidade que exista. Apuntou que posto que as 70 prazas que se ofertan son rotatorias, o número de persoas participantes será maior e indicou que as persoas interesadas en participar poden presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello antes do 31 de maio. Respecto ao persoal que imparte as actividades, asegurou que se trata de monitores especializados cun ratio dun monitor por cada catro persoas. "O ano pasado este programa foi un éxito e as familias que participaron pediron que tivera continuidade", destacou María Méndez
No tocante á terceira edición do programa Sábados dinámicos, a concelleira de Benestar Social sinalou que está dirixido á persoas xoves, de 18 a 40 anos, con discapacidade, e organizada a través da entidade Pasovigo. Destacou que nesta edición amplíase a oferta dos anos anteriores, ao comezar as actividades en primavera. Sinalou que a iniciativa consiste na estadía no piso Cami, da fundación Menela, ao que as persoas participantes chegan ás 17 horas e retornan a súa casa á 1 da madrugada. "O sábado pasado tiñan previsto ir ao cine e logo saír a cear", indicou.
María Méndez explicou que nesta iniciativa poden participar 10 persoas cada sábado, posto que é atendido por 3 monitores. As solicitudes poden presentarse no rexistro xeral do Concello de Vigo e o prazo é ata novembro, "porque é un servizo de carácter permanente", salientou a concelleira.
Descargar todas as imaxes