Escoitar
Viaxe enmarcada no convenio asinado entre o Concello e Vueling

Vigueses en Londres valoran a posta en marcha da nova ruta subvencionada polo Concello

Traballadores do metro, xornalistas ou estudantes de máster forman parte da poboación viguesa residente na capital inglesa. Os residentes consultados piden a continuidade do voo Vigo-Londres máis alá do mes de outubro. Heathrow é o aeródromo máis próximo á cidade, o mellor comunicado ademais de contar co maior tráfico internacional de Europa.

xoves, 5 mai 2011
1304609880londres.JPG
Algúns dos vigueses residentes en Londres valoraron onte na capital inglesa a posta en marcha da nova ruta Vigo-Londres subvencionada polo concello vigués. Entre os perfís dos vigueses consultados destacan traballadores do metro, xornalistas, ou estudantes de máster que se mostraron a favor dos horarios establecidos aínda que apostaron por mellorar as frecuencias.

O convenio establece que a conexión Vigo-Londres prolongarase ata o mes de outubro, poñendo a disposición dos viaxeiros 30.000 asentos en 3 frecuencias semanais -martes, xoves e sábado- con prezos por traxecto desde os 44 euros. Precisamente o prezo é un dos factores máis valorados polos usuarios e dos vigueses consultados na capital inglesa todos compraron xa algún billete.

O segundo factor mellor considerado é o feito de voar a Heathrow, o aeroporto máis próximo a cidade, o mellor comunicado e o que máis tráfico internacional rexistra en Europa. Tamén creen destacable a calidade da aeroliña, cunha valoración superior as low cost tradicionais.

Vigo, a gran descoñecida
Tal e como se puido constatar na viaxe á capital británica enmarcada no convenio asinado entre o Concello e Vueling, Vigo e unha cidade descoñecida para os británicos o que non significa unha fraqueza senón unha fortaleza á hora de captar un turismo que recala noutros puntos e España que na actualidade están saturados.

A costa viguesa, o parque Illas Atlánticas e o turismo verde son factores de por si atractivos que se poden sumar a excepcional oferta gastronómica. A estes puntos fortes hai que sumar tamén á proximidade da cidade olívica á fronteira portuguesa que permite que nunha viaxe a Vigo se poidan visitar dous países. Outro dato a ter en conta é que se ben Londres xa é o destino europeo con mais visitantes a celebración dos Xogos Olímpicos en 2012 suporá unha maior revitalización deste destino.
Descargar todas as imaxes