O sábado, segunda ruta do programa "Vigo: a descoberta da historia"
O sábado 7 de maio terá lugar a segunda das rutas do programa da concellería de Patrimonio Histórico, "Vigo: a descoberta da historia", que integra catro rutas que se celebrarán en sábados alternativos.Tras saír ás 11 horas dende a Colexiata, terá paradas nas prazas da Constitución e da Princesa, a rúa Imperial, as Portas da Gamboa e Laxe, o hotel Universal, o monumento a Elduayen, a Praza de Compostela, Policarpo Sanz e a Porta do Sol.<br />
A ruta comeza nos inicios do século XIX e avanza ata a primeira metade do século XX, explicando o nacemento de Vigo como cidade. Celebrarase os sábados 7 e 21 de maio, e tras saír ás 11 horas dende a Colexiata, terá paradas nas prazas da Constitución e da Princesa, a rúa Imperial, as Portas da Gamboa e Laxe, o hotel Universal, o monumento a Elduayen, a Praza de Compostela, Policarpo Sanz e a Porta do Sol.
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez , subliñou que "esta iniciativa propón unha viaxe singular e única polos dous mil anos que nos separan da orixe da cidade". O concelleiro explica que durante un percorrido de dúas horas será posible coñecer os fitos máis importantes da historia de Vigo ante elementos emblemáticos do seu patrimonio. A orixe da cidade no monte do Castro, os restos dunha calzada romana no Casco Vello, os ataques dos piratas, a importancia de figuras como Elduayen, Policarpo Sanz, Mendez Nuñez ou García Barbón son algúns dos aspectos aos que se fará referencia ao longo das rutas.