Os actos do Día das Letras comezan hoxe martes cun contacontos e o 15 de maio celebrarase en Castrelos a Festa das Letras
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, presentaron este martes a programación organizada con motivo do Día das Letras Galegas, que comeza hoxe cun contacontos a cargo de Helena Faria. Santi Domínguez destacou que as actividades propostas son "o colofón ao que vimos facendo na posta en valor da nosa lingua e a nosa cultura". O nacionalista salientou tamén que o prato forte da programación será o 15 de maio en Castrelos, onde se celebrará a IV Festa das Letras.