Os actos do Día das Letras comezan hoxe martes cun contacontos e o 15 de maio celebrarase en Castrelos a Festa das Letras
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, presentaron este martes a programación organizada con motivo do Día das Letras Galegas, que comeza hoxe cun contacontos a cargo de Helena Faria. Santi Domínguez destacou que as actividades propostas son "o colofón ao que vimos facendo na posta en valor da nosa lingua e a nosa cultura". O nacionalista salientou tamén que o prato forte da programación será o 15 de maio en Castrelos, onde se celebrará a IV Festa das Letras.
"O BNG celebra esta data co orgullo e a coherencia de non ser a celebración dun día, xa que faino todos os días e todos os anos", destacou. O tenente de alcalde sinalou que dende a coordinación da Tenencia de Alcaldía fixemos unha "programación completa e variada", que no que respecta á posta en valor da nosa lingua encabeza Iolanda Veloso.
A concelleira de Normalización Lingüística salientou que o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano, Lois Pereiro, "ofrece moitas oportunidades de organizar actividades". Engadiu que unha das prioridades foi a de "prestar atención á poboación máis cativa", ofrecendo actividades de lecer en galego. Ao respecto apuntou que a oferta de lecer para a xente moza desenvólvese fundamentalmente en castelán, polo que ao seu xuízo, "temos a obriga de compensar esa desigualdade".
"Tamén quixemos tender pontes co mundo da lusofonía", asegurou Iolanda Veloso, en referencia á Helena Faria, contadora de contos en portugués, que estará ás 18 horas detrás do Marco, e ás 20 horas na Escola Oficial de Idiomas. A concelleira nacionalista deu conta do resto do programa e afirmou que hoxe tamén terá lugar a presentación do libro "Toponimia do Val do Fragoso. Lavadores", ás 18 horas na Biblioteca Xosé Neira Vilas. Ademais, a Biblioteca Pública Central de Vigo acollerá ás 18:30 horas o contacontos Lois Pereiro, "recomendada a partir dos 9 anos", indicou.
O 12 de maio, ás 18.30 horas, terá lugar o contacontos musicado "Vicentiño e as árbores da paz", recomendado a partir dos 5 anos, na Biblioteca Pública Central de Vigo. O día 13, Iolanda Veloso destacou que Vigo Sónico acollerá, de 16 a 24 horas, o programa "MaioSónico", que inclúe regueifas e un concerto de Manu Clavijo sobre a figura de Lois Pereiro, entre outras actividades. O 14 de maio, terá lugar a proxección da película "A tropa de Trapo" (a partir dos 5 anos), ás 11 horas, no Cine Yelmo Vigo. A concelleira apuntou que as entradas poderanse recoller no servio de Normalización Lingüística e nas oficinas de Radio Vigo.
Respecto á xornada central do día 15 de maio, destacou que dende ás 12 horas Castrelos acollerá a IV Festa das Letras, que inclúe o Xantar das Letras e diversas actividades para. Un ano máis poderase mercar as cestas das letras, que inclúen diversas bebidas e produtos típicos como lacón, queixo, chourizos, empanada, ou torta de améndoa. Poderán adquirirse as cestas para dúas ou catro persoas, encargándoas no número de teléfono 986 810 235 de 9 a 14 horas antes do venres, 13 de maio. O prezo da cesta para dúas persoas é de 30 euros, mentres que a cesta para catro persoas é de 60 euros.
Iolanda Veloso salientou que ás 16 horas terá lugar a proxección da curta infantil "O soldadiño de Chumbo", ás 16.30 horas comezarán os xogos sobre a lingua e a cidade de Vigo, ás 17.30 horas celebrarase un karaoke de cancións galegas, un obradoiro de cestería e outro de xogos populares.
O día 17, ás 18 horas, terá lugar o Galeoke, karaoke de cancións galegas, detrás do Marco, así como a lectura de textos de Lois Pereiro na Praza da Princesa. O 21 de maio proxectarase a película "A tropa de Trapo" , ás 11 horas no Cine Yelmo Vigo (CC Travesía). O día 26 haberá o contacontos infantil "Pepiña maruxiña quere voar", ás 18.30 horas na Biblioteca Pública Central de Vigo. O 28 de maio, celebrarase un Vermú regueifeiro, detrás do Marco, ás 13:30 horas.
O concelleiro de Cultura, ademais, salientou as actividades que complementan este programa e que se desenvolverán na Biblioteca Xosé Neira Vilas e no Verbum. Respecto a Biblioteca destacou a exposición "Coñecendo a Lois Pereiro", que se pode ver ata o 21 de maio, e o recital poético que terá lugar o 16 de maio a cargo de Olga Patiño. No tocante ás propostas do Verbum, destacou a mostra "Lois Pereiro", que se poderá visitar ata o 26 de xuño. Ademais, lembrou que todas estas acción en torno a figura de Lois Pereiro comezaron o pasado 4 de marzo no Auditorio Municipal co espectáculo "Mundo Lois", dirixido por Lino Braxe.
Descargar todas as imaxes