mércores, 11 mai 2011
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este mércores o programa de Balnearios, que este ano ofrece un total de 450 prazas, un 39% máis que no 2007 cando asumiu a xestión da Concellería de Benestar Social. María Méndez destacou que o programa desenvólvese en dúas quendas, primavera e outono, nos balnearios de Cuntis, A Toxa, Mondariz e o Talaso de Oia.
mércores, 11 mai 2011
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, informa de que o Consello Municipal da Muller celebrado onte aprobou un comunicado de rexeitamento ao anteproxecto de Lei de Apoio á Familia e á Convivencia en Galicia, por consideralo "regresivo, patriarcal e anticonstitucional". Este organismo solicita a súa retirada e critica que a lei "supón un grave recorte dos dereitos da muller, situándoa de novo en labores de nai e coidadora".
mércores, 11 mai 2011
A mostra é unha forma de achegarse á breve pero intensa obra de Lois Pereiro, o homenaxeado deste ano das letras galegas e o máis contemporáneo elixido pola Real Academia Galega ata o momento.
mércores, 11 mai 2011
O ciclo Músicas Inmigradas, adicado neste ano a Romanía e Uruguay, consiste en catro actividades de encontro e coñecemento mútuo utilizando a música como vehículo principal, que se celebran cada ano na E-Trad. A primeira parte consistirá en demostracións musicais e de danzas rumanas os días 13 e 20 de maio de 18:30h a 20:30h.