Escoitar

O Verbum inaugura a exposición "Lois Pereiro. Lírica Punk"

A mostra é unha forma de achegarse á breve pero intensa obra de Lois Pereiro, o homenaxeado deste ano das letras galegas e o máis contemporáneo elixido pola Real Academia Galega ata o momento.

mércores, 11 mai 2011
1305117229lois.jpg
A mostra percorre a obra deste monfortino nado en 1958 e recoñecido como un autor de culto pola Real Academia e moitos importantes artistas recentes, ademais de por filólogos, literatos e xornalistas. A súa visión da vida, as claves para entender a súa obra moi achegada á cultura actual e con referencias moi recoñecibles para o público amósanse nesta mostra interactiva na que o visitante poderá realizar xogos e interactuar con iconos do imaxinario do autor.

Pola tarde, ás 20,00 horas, realizarase a inauguración oficial, coa presencia do Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Xesus López, o director do Museo, Rosendo Gonzalo Covelo e as comisarias da mostra, Beatriz García e Sonia Díaz. O museo faise partícipe do acto "Vento Lois" que se desenvolve en toda Galicia este mesmo día 12 ás 20 horas coa lectura do manifesto "Vento Lois" e distintos poemas do autor a cargo do crítico literario Ramón Nicolás e do escritor Marcos Calveiro.

Descargar todas as imaxes