Escoitar

O tenente de alcalde anima a asistir mañá xoves ao concerto de presentación do Coro Xuvenil Xovigo no Auditorio Municipal

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este mércores o concerto de presentación do Coro Xuvenil Xovigo, que terá lugar mañá no Auditorio Municipal ás 20.30 horas, cun programa que inclúe temas de música tradicional galega como "Aí vén o maio" ou "Cantares" de Joan Manuel Serrat baseado en textos de Antonio Machado. O nacionalista destacou esta iniciativa naceu co obxectivo de "captar xóvenes valores para a música" e poñer a súa disposición instrumentos "para que poidan amosar os seus talentos".

mércores, 11 mai 2011
1305115577Xovigo.JPG
Santi Domínguez explicou que tras o éxito acadado pola Orquestra Xuvenil Xovigo na súa estrea "faltábanos o outro pé", en referencia ao Coro, que ao seu xuízo tamén acadará un gran éxito. O nacionalista indicou que o Coro Xovigo está integrado por mozos e mozas de 14 a 26 anos e afirmou que "servirá de canteira para as formacións corais" da cidade. "Animo aos vigueses e viguesas que queiran pasar un rato musical interesante a que se acheguen mañá ao Auditorio Municipal", dixo o tenente de alcalde. Engadíu que a entrada será libre e gratuíta ata completar o aforo.

O director do Coro, Oscar Villar, en referencia á composición do coro destacou a importancia de que está integrado por rapaces e rapazas "de distintos estratos sociais, diferentes nacionalidades e incluso distintas etnias". Concordou coas verbas do tenente de alcalde de que nun primeiro lugar buscábase "potenciar a música coral entre os máis novos", pero salientou que co paso do tempo acadouse que os rapaces e rapazas "pasen menos tempo na rúa".

Óscar Villar expresou a súa satisfacción polo traballo feito nos últimos meses. Sinalou que este bo traballo permitirá que o coro cante mañá acompañado pola Orquestra Xovigo. "Para a primeira posta en escena buscamos cancións que os rapaces e rapazas coñeceran para que fora máis fácil acoplar as voces", indicou.
Descargar todas as imaxes