xoves, 12 mai 2011
O alcalde de Vigo visitou este xoves a zona e adiantou a entrada en funcionamento das tres fontes ornamentais esta mesma fin de semana. Abel Caballero explicou que estes motivos "están significando un antes e un despois na humanización deste territorio" e celebrou en particular a "extraordinaria mellora" que supuxeron as rotondas no tráfico do cruce. O alcalde anunciou tamén que están en redacción os proxectos de humanización da confluencia de Jenaro de la Fuente con Ramón Nieto, o Calvario e Martínez Garrido.
xoves, 12 mai 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, inauguraron este xoves a octava edición das Xornadas do Plan de Drogas e outras adiccións. Na súa intervención, o nacionalista recoñeceu a labor feito nestes catro anos por todos os e as profesionais que traballan neste eido e salientou que só neste último ano, máis de 10.000 mozos e mozas "tiveron a oportunidade de participar nas actividades de prevención desenvolvidas nos centros escolares".
xoves, 12 mai 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, participaron este xoves na saída do Correlingua 2011, que na Praza do Rei reuníu a máis de 2.500 alumnos e alumnas de primaria e secundaria que tras o percorrido uniríanse aos 500 de infantil que xa se atopaban no parque de Castrelos. Os representantes do goberno local animaro a que corran e xoguen en defensa da lingua galega, porque tal e como apunta o lema deste ano "En galego sempre somos".
xoves, 12 mai 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, encabezou este xoves o minuto de silencio celebrado ás portas do Concello, na Praza do Rei, para rendir homenaxe aos falecidos no terremoto que asolou a localidade murciana de Lorca e sumarse á solidaridade cos familiares e veciños do municipio. Representantes dos tres grupos políticos do Concello e persoal laboral municipal participaron no acto, convocado ás 12 horas a través da Federación Española de Municipios e Provincias.
xoves, 12 mai 2011
O Auditorio Municipal acolle mañá, 13 de maio ás 21 horas, a representación do novo espectáculo da compañía Yllana, "Sensormen", no que conflúen comedia, música, percusión e unha innovadora formulación escénica. Segundo informa a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural, as entradas para asistir a esta actuación están xa esgotadas.