O Concello súmase aos actos en solidariedade con Lorca gardando un minuto de silencio
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, encabezou este xoves o minuto de silencio celebrado ás portas do Concello, na Praza do Rei, para rendir homenaxe aos falecidos no terremoto que asolou a localidade murciana de Lorca e sumarse á solidaridade cos familiares e veciños do municipio. Representantes dos tres grupos políticos do Concello e persoal laboral municipal participaron no acto, convocado ás 12 horas a través da Federación Española de Municipios e Provincias.

Xunto á convocatoria e celebración do minuto de silencio en Vigo en solidaridade con Lorca, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, tamén remitiu un telegrama ao consistorio murciano trasladándolles o apoio da cidade de Vigo nestes momentos difíciles.
Descargar todas as imaxes