Escoitar

A compañía Yllana interpreta mañá venres no Auditorio Municipal o seu novo espectáculo "Sensormen", con entradas esgotadas

O Auditorio Municipal acolle mañá, 13 de maio ás 21 horas, a representación do novo espectáculo da compañía Yllana, "Sensormen", no que conflúen comedia, música, percusión e unha innovadora formulación escénica. Segundo informa a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural, as entradas para asistir a esta actuación están xa esgotadas.

xoves, 12 mai 2011
"Sensormen" fusiona o humor xestual de Yllana cos espectáculos rítmicos e tecnolóxicos do percusionista e performer multimedia Bulbul, de xeito que xorde un espectáculo sumamente divertido e innovador. Os protagonistas da obra, BulBul, Jony Elías, Chema Animal, Chus Herrera, representan a catro pseudocientíficos especializados no mundo do ritmo, que se serven de diversos aparellos con sensores para executar absurdos
experimentose cancións.

Trátase dunha orixinal e enxeñosa maneira de entender os espectáculos baseados na percusión, nunca vista até agora. Ritmos construídos con insólitos instrumentos inventados para a ocasión, divertidísimas coreografías, interacción co público e uns personaxes e situacións hilarantes que provocarán a gargallada e o asombro do espectador.