Caballero avanza que esta fin de semana entrarán en funcionamento as tres fontes de Aragón con Jenaro de la Fuente
O alcalde de Vigo visitou este xoves a zona e adiantou a entrada en funcionamento das tres fontes ornamentais esta mesma fin de semana. Abel Caballero explicou que estes motivos "están significando un antes e un despois na humanización deste territorio" e celebrou en particular a "extraordinaria mellora" que supuxeron as rotondas no tráfico do cruce. O alcalde anunciou tamén que están en redacción os proxectos de humanización da confluencia de Jenaro de la Fuente con Ramón Nieto, o Calvario e Martínez Garrido.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe xoves a entrada en funcionamento esta fin de semana das fontes luminosas ubicadas sobre as rotondas do cruce de Aragón con Jenaro de la Fuente.
Nunha visita á zona, Abel Caballero explicou que as fontes "están significando un antes e un despois na humanización deste territorio", humanización que vai por tramos, coa primeira xa rematada con máis de medio quiómetro de extensión e completa renovación das redes de servizos soterrados.
O investimento nesta humanización ascende a case dous millóns de euros, que "nos satisfai moito" ao empregar os cartos "en todo Vigo", asegurou o alcalde. Esta fin de semana "estou seguro" que todo o barrio "vai celebrar" que as fontes entran en funcionamento, indicou.
Abel Caballero anunciou asemade a "humanización inmediata" de Jenaro de la Fuente ata a confluencia con Ramón Nieto, Calvario e Martínez Garrido, cuxos proxectos están xa en redacción.
O alcalde de Vigo celebrou o "avance moi importante" para a circulación que supuxo a decisión de establecer tres rotondas combinadas. O resultado derivou nunha "extraordinaria mellora do tráfico nesta zona", afirmou Caballero, como certificaron os propios técnicos municipais da Concellería de Transporte e Mobilidade.
Descargar todas as imaxes