Santi Domínguez salienta o traballo que Benestar Social está a facer na prevención das drogodepencias

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, inauguraron este xoves a octava edición das Xornadas do Plan de Drogas e outras adiccións. Na súa intervención, o nacionalista recoñeceu a labor feito nestes catro anos por todos os e as profesionais que traballan neste eido e salientou que só neste último ano, máis de 10.000 mozos e mozas "tiveron a oportunidade de participar nas actividades de prevención desenvolvidas nos centros escolares".

xoves, 12 mai 2011
1305202242Drogas.JPG
"Estas xornadas demostran a vosa sensibilidade e o voso compromiso diante dunha responsabilidade que todos e todas temos, como é a loita contra a drogadicción", asegurou o tenente de alcalde. Para Santi Domínguez, o traballo feito nesta liña reflicte a aposta da Concellería de Benestar Social "por unha sociedade máis xusta", mentres outros "miran para outro lado".

Ademais do traballo realizado no eido da prevención, Santi Domínguez tamén quixo poñer en valor o esforzo feito no ámbito asistencial e mencionou o labor realizado por entidades como Alborada ou Érguete. "Xuntos estamos contribuímos na construción dunha sociedade mellor e máis xusta", afirmou.

María Méndez, pola súa banda, expresou o seu compromiso coa continuidade deste traballo de prevención no ámbito educativo, pero adiantou que tamén se porán en marcha iniciativas noutros eidos, como é o colectivo emigrante. "Temos que duplicar esforzos porque todo o que se faga en prevención en materia de drogadiccións é pouco", subliñou a concelleira de Benestar Social.
Descargar todas as imaxes