Abel Caballero asina un protocolo de colaboración con Citroën para o desenvolvemento e lanzamento do coche eléctrico en Vigo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o máximo responsable da factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën, Pierre Ianni, rubricaron hoxe luns un protocolo de colaboración polo que o Concello contribuirá económicamente á factoría para o desenvolvemento e lanzamento do vehículo eléctrico. Caballero explicou que o Concello achegará tres millóns de euros en catro anos ligados ao emprego no sector da automoción, do que dependen no gran Vigo 35.000 persoas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o máximo responsable de PSA Peugeot Citroën en Vigo, Pierre Ianni, rubricaron hoxe luns un protocolo de colaboración para o desenvolvemento e lanzamento do coche eléctrico en Vigo.
Segundo detallou o alcalde, o acordo -"pioneiro" en España- estipula que o Concello achegará un total de tres millóns de euros en catro anos -medio millón anual no 2012 e 2015 e un millón en 2013 e 2014- ligados á xeración de emprego nun sector que da traballo a 35.000 persoas, das que máis de 7.000 operan actualmente na factoría viguesa de PSA.
Abel Caballero indicou que esta é "unha nova forma de entender a administración local", na que "o goberno municipal se involucre de forma activa na economía do territorio". Recordou a "nosa vocación moi importante no ámbito do automóbil" tanto convencional como eléctrico, no que englóbase o acordo asinado hoxe.
O Concello procura así "contribuir", con "involucración directa", para "axudar á consolidación" do coche eléctrico en PSA Peugeot Citroën de Vigo, e a "manter estes volumes de emprego na cidade". Caballero afirmou que "cada euro investido nesta factoría devólvese multiplicado por dez á cidade", xa que "seguramente o 60% da economía de Vigo encrávase aquí".
Pola súa banda, Pierre Ianni agradeceu ao alcalde a sinatura do protocolo, que mostra a "aposta que en Vigo temos polos coches eléctricos" tanto PSA como o Concello. Este novo vehículo supón un "investimento importante para nós" polo que "é importante" que "todas as administracións se involucren" no inicio dunha "nova era tecnolóxica e industrial".
O coche eléctrico necesitará infraestrutura e investimentos que precisarán da involucración de todos, considerou Ianni, polo que estimou que "poder contar co apoio da administración fixo e vai facer que ese proxecto e ese soño que tivemos se converta en realidade".
Outras medidas
Un segundo paso municipal para o vehículo eléctrico na cidade é o proxecto Civitas, programa europeo liderado por Vigo cunha participación estratéxica de PSA e da Universidade que poderá supor 9 millóns para o desenvolvemento do coche eléctrico para o transporte de pasaxeiros. Tamén explicou Caballero que o Concello está a elaborar ordenanzas para facilitar e axudar ao uso do coche eléctrico, para "consolidarnos" como "cidade piloto do automóbil eléctrico".
O alcalde vigués recordou que o Ministerio de Industria dispón de 60 millóns de euros en créditos para 2011 e 2012 a favor de PSA Vigo, e xa destinou dos plans de competitividade do Ministerio 128 millóns para a factoría e outros 32 para as empresas de compoñentes, un total de 160 millóns para a automoción do territorio. "A de Vigo é a factoría que máis axudas recibe de automóbil convencional e eléctrico de toda España", apuntou.
Descargar todas as imaxes