Escoitar

A Biblioteca Xosé Neira Vilas únese aos actos do Día das Letras cun recital sobre Lois Pereiro o 16 de maio

A Concellería de Cultura informa de que a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas únese ás celebracións do Día das Letras Galegas, cun acto que terá lugar o vindeiro luns, 16 de maio ás 19 horas, arredor da figura do escritos homenaxeado este ano, Lois Pereiro. A asistencia a este acto é libre ata completar o aforamento.

venres, 13 mai 2011
O programa inclúe, en primeiro lugar, unha lectura pública ao redor da figura e o universo poético do representante da contracultura dos oitenta e a continuación realizarase un recital poético-visual a cargo dos poetas Olga Patiño, Francisco Fernández Naval e a montaxe visual de Maribel Longueira.