Escoitar
Animación Sociocultural

Convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais 2011

<br />

venres, 13 mai 2011
Tras a publicación o día 11 de maio de 2011 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais realizadas no ano 2011 (aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 4 de abril de 2011), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes da antedita convocatoria.

As persoas interesadas en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello, ben directamente ou por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réximen xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes establécese en vinte días naturais a contar desde a publicación da convocatoria no BOP: do 12 de maio ao 31 de maio de 2011, ambos incluidos.

Toda a información relativa á convocatoria, bases, modelos de solicitude e formulariso está dispoñibel nos servizos de información do Concello de Vigo, na páxina web (www.vigo.org) e no servizo de Animación Sociocultural.