Escoitar

Día das Letras Galegas, 17 de maio

Co gallo do día das Letras Galegas, o museo Verbum ten preparada , para o martes 17 de maio, unha programación arredor do poeta homenaxeado este ano, Lois Pereiro.

luns, 16 mai 2011
1305288216poesialoispereiro.jpg
GRAVACIÓN DE TEXTOS DE LOIS PEREIRO. En horario de 10 a 19 horas, todo aquel interesado poderá facer a súa aportación gravando un texto-poema do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. O museo Verubm editará, como todos os anos un cd coas gravacións que estarán ao dispor dos que así o soliciten e un enlace web para descargar o arquivo.

POESÍA ÚLTIMA DE LOIS PEREIRO. TEATRO DE OBXECTOS. Poesía Última de Lois Pereiro é un espectáculo de teatro de obxectos con música en directo baseado en textos do poeta Lois Pereiro. A partir dos seus poemas, e mediante o recurso explorado polo propio Lois de converterse en narrador de si mesmo, relátanse en primeira e terceira persoa os dous últimos anos da súa vida. A posta en escena é simple e innovadora. As letras que conforman o título do espectáculo van construíndo palabras que nomean os espazos, obxectos e sentimentos que acompañaron a Lois e as súas relacións e amizades, personaxes que se materializan baixo a forma das iniciais dos seus nomes.

A sonoplastia, creada por Benxa Otero e tocada en directo por el mesmo con sintetizador e lupeadora, axuda a crear os ambientes necesarios e a ilustrar algúns dos espazos que recorreu
Lois (o hospital, a praia de Barrañán, o bar Parrús no Orzán, a súa casa…). Esta banda sonora mestura composicións propias con fragmentos de pezas queridas e escoitadas por Lois de Pata Negra, Zeca Afonso, Satie, Mahler, Bach, etc.
Descargar todas as imaxes