O alcalde anuncia o cambio de uso da Panificadora para acoller a Biblioteca do Estado e a concesión de 150 novas becas de inglés para centros concertados
Abel Caballero explicou este luns que o Concello, a través da Xerencia de Urbanismo, modificou a calificación do solo da Panificadora para que poida acoller a Biblioteca do Estado, pasando a ser "espazo dotacional público" e eliminando así a edificabilidade prevista anteriormente. Por outra banda, o alcalde anunciou o inicio da concesión de 150 novas becas de inglés destinadas en exclusiva ao alumnado de colexios concertados, unha vez a oferta de 290 axudas foi cuberta polos centros públicos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns do cambio de uso dos terreos da Panificadora para albergar a Biblioteca do Estado e da creación de 150 novas becas de inglés para o alumnado de centros concertados.
"É a nosa aposta decidida pola cultura", indicou Caballero, tras explicar que a Xerencia de Urbanismo cullminou o cambio de calificación da Panificadora no Plan Xeral co obxectivo de eliminar a "edificabilidade importantísima" prevista anteriormente na parcela en favor do "espazo dotacional público" que pasa a ser.
Este "paso definitivo" dado polo Concello foi remitido hoxe mesmo á Xunta de Galicia para a súa habitual autorización, o que permitirá expropiar os terreos para conservar a Panificadora e dedicala a uso público, onde estará ubicada a Biblioteca do Estado.
Becas de inglés
O alcalde de Vigo tamén anunciou hoxe luns do inicio da concesión doutras 150 becas para que os estudantes de Vigo da ESO poidan aprender en inglés durante un mes no estranxeiro, axudas que desta volta irán destinadas ao alumnado de colexios concertados.
Segundo explicou, as 290 becas ofertadas foron cubertas pola demanda de centros educativos públicos, polo que o Concello decidiu ampliar o número destinando outras 150 para os concertados.
O alcalde aseverou que o Concello rexistrou este ano un "incremento importantísimo" da demanda das becas municipais ao eliminar a Xunta de Galicia o seu programa no estranxeiro. Caballero comparou as preto de 500 que concede o actual goberno municipal coa ausencia de becas no mandato anterior e por parte da Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes