O alcalde apunta que o frente da defensa do sector naval "empeza a ter aliados en Europa"

xoves, 11 xul 2013

Abel Caballero instou á delegación española que hoxe xoves se reúne co comisario europeo Joaquín Almunia, a manter mañá un encontro con Durao Barroso. Confirmou que ao apoio do Congreso, do Senado, do Parlamento Galego e do propio Concello, súmase o do presidente do Consello Económico e Social europeo o que, nas súas palabras significa que "empezamos a ter aliados en Europa".

O alcalde invita a todo Vigo a participar na manifestación en defensa do naval

mércores, 10 xul 2013

Abel Caballero reiterou hoxe mércores a importancia de participar na manifestación en defensa do naval convocada mañá xoves polas centrais sindicais e co apoio explícito do Consello Social da cidade. Así o destacou logo dun encontro con colectivos do sector turístico e hosteleiro de Vigo aos que, acompañado por responsables sindicais, trasladou a difícil situación que está a atravesar o sector.

Silva pedirá ao ministro de Economía que se amplíen as arbitraxes ao 100% dos afectados por preferentes

mércores, 10 xul 2013

Durante a Comisión Permanente do Congreso dos Deputados que se celebrará mañá en Madrid, Carmela Silva,esixirá ao ministro de Economía información sobre a situación das preferentes, ao tempo que reclamará procesos de arbitraxe para o 100% dos afectados. Tamén reclamará explicacións polo "acoso" con sancións que están a sofrir estes manifestantes coas actuacións nas que reclaman os cartos que lles estafaron.

O Consello Social pide á Xunta e ao Goberno que presenten os argumentos xurídicos que garantan o futuro do naval

luns, 8 xul 2013

Abel Caballero presidiu esta tarde o Consello Social convocado para aunar posturas sobre a defensa do naval. A resolución conxunta advirte de que non se pode concebir esta cidade sin o sector naval funcionando a pleno rendemento. Todos os membros coincidiron en respaldar a manifestación que se celebrará o xoves 11 de xullo ás 20,00 h con saída na Praza de España.