Mercadona considera Vigo un "gran obxectivo" e busca novos emprazamentos para expandirse
Abel Caballero mantivo hoxe martes un encontro con directivos do grupo Mercadona quen lle trasladou que para o grupo Vigo é "un gran obxectivo", con resultados "espectaculares" e un nivel de ventas por riba das previsións. Tal e como lle indicaron, Mercadona busca novos emprezamentos para seguir crecendo na cidade, cando a principios de decembro abrirá o centro de A Florida e a finais de maio o do Edificio Bandeira.