venres, 24 out 2014
Abel Caballero sinalou que so restan por entregar 200 axudas do plan extraordinario para familias, dotado con 2 millóns de euros e do que resultaron beneficiarias 1.253 persoas para pagos de vivenda, enerxía e alimentación. O alcalde confia en que poidan ser entregadas entre o luns e o martes da próxima semana.
venres, 24 out 2014
"Uns e Ceros" recolle algúns dos últimos traballos, realizados desde 2008 ata 2014, de Ignacio Uriarte, quen definiu á súa obra como "arte de oficina" ao partir do seu anterior traballo nunha gran multinacional para abordar cuestións relativas á rutina laboral. O alcalde participou este venres na presentación desta nova mostra, que ocupa desde hoxe, e ata o 25 de xaneiro, os espazos do primeiro andar do Museo de Arte Contemporánea da cidade.
venres, 24 out 2014
Caballero informou este venres da aprobación provisional deste Plan Especial, que define máis de 116.000 metros cadrados con zonas verdes, vivenda, equipamentos públicos e a protección de elementos catalogados. Entre outras, esta "importantísima" ordenación contempla novos sendeiros peonís e cicloturistas, humanizar Mestres Goldar e declarar Ben de Interese Cultural (BIC) o conxunto parroquial de Santa María de Castrelos.
venres, 24 out 2014
A Xunta de Goberno Local acordou este venres adxudicar provisionalmente as humanizacións de Alonso Ojeda e a praza de Martínez Garrido entre os camiños Medieros e Sobreiro, ademáis de aprobar a dirección da obra de renovación de Mestre Chané e Montecelo Alto. Caballero salientou que estas catro melloras representan case 800.000 euros de investimento municipal.
venres, 24 out 2014
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe o comezo esta fin de semana da I Liga Concello de Vigo de fútbol sala, para nenos e nenas de 4 a 7 anos, que durante a tempada 2014/15 disputarase nas instalacións deportivas municipais (As Travesas, Balaídos, O Berbés, Navia...) e que moverá a 1.300 deportistas de colexios, asociacións e clubs da cidade.
Anuncio
venres, 24 out 2014
Comunícase ós usuarios dos cemiterios municipais que, por mor da festividade de tódolos santos, os devanditos cemiterios permanecerán abertos ininterrompidamente dende as 9,00 ata as 18,30 horas, os días 30 e 31 de outubro e 1 e 2 de novembro.