Escoitar

O goberno local ratifica definitivamente a baixada de impostos e taxas para 2015

Abel Caballero deu conta esta mañá do visto bo definitivo da rebaixa de taxas e e impostos para 2015, dado que non houbo alegacións á aprobación inicial. Deste xeito rebaixanse un 1,4% os recibos de IBI, vehículos e lixo, ademais de conxelar todas as taxas e prezos públicos.

xoves, 23 out 2014
Os cidadáns de Vigo pagarán en 2015 un 1,4% menos polos recibos de IBI, vehículos, e lixo, ademais de conxelarse todas as taxas e prezos públicos: auga, cemiterios, expedición de documentos, laboratorio, desifección, escolas infantís, axuda no fogar, ensinanzas especiais, IMD, Zoo, licenza de obras, ocupación de vía pública, IAE, imposto de plusvalía e imposto de construccións. Esta baixada de impostos xa está aprobada de xeito definitivo dado que non houbo alegacións e, polo tanto, o documento non ten que volver ser ratificado en Pleno. En verbas do rexedor, "trátase da reducción máis importante de impostos que se fixo nunca na historia da cidade", xa que engadiu, tamén se elevan nun 2,8 os mínimos exentos en recollida de lixo de vivenda, expedición de documentos, laboratorio, desifección, escolas infantís, ensinanzas especiais, Zoo e IMD. Esta modificación permite presumir aumentarán na mesma porcentaxe o número de familias beneficiadas.

Respecto do IBI, ademais de elevar o mínimo exento nun 2,8% para acoller a máis familias numerosas á bonificación do 90%, por primeira vez establecemos unha bonificación do 50% para familias numerosas que, execedendo o mínimo anterior, non superen os 7.868 euros. Tamén se manté o fraccionamento do IBI, coa rebaixa do 3% si se fai en dous prazos (maio e novembro).

Estes datos avalan a Vigo como a cidade na que se paga menos impostos per cápita de toda Galicia e de toda España, aseverou o rexedor en rolda de prensa. O rexedor avanzou, tamén que dentro das medidas para darlle facilidades aos cidadáns, tamén introducimos o chamado Conta fácil dez, é dicir, o pago de lixo, vehículos, IBI e IAE en dez mensualidades sen necesidade de presentar avais nin intereses de demora.

O alcalde lembrou que desde 2008 a 2014, ampliáronse as exencións e bonificacións en todas as taxas e impostos. O 22% dos usuarios do servizo de axuda no fogar non paga nada, e o 78% restante, o 15%. Respecto das escolas infantís, o 45% está exento de pago, o que implica unha achega de 1,4 millóns das arcas municipais. En Vigozoo subvenciónanse o 16% das entradas, en terrazas non se paga por ocupación de vía pública, para fomentar a creación de emprego. Respecto das exencións, en 2008 os exentos no imposto de vehículos era de 4.000, agora hai 23.000.